Como ben sendo costume, a festa do entroido no noso centro esperta un gran interés en toda a comunidade educativa. A semana xa comeza coas tan esperadas contraseñas, que a gran bruxa nos informa o día anterior: zapatos de distintas cores, sombreiros, babeiros, colares,...

     Realizáronse distintas actividades coordinadas polos equipos de Extraescolares e Normalización. O venres tivo lugar un desfile de disfraces. Cada aula inventou unha copla alusiva ó seu disfraz e tamén realizou un baile, para maior lucimento dos seus atuendos.

 

 

 

 

 

     Como en anos pasados, tralo desfile de disfraces, celebrouse a degustación de postres típicos do entroido. Agradecer a tódalas familias que, igual que en anos anteriores, colaboraron para facer posible este doce final de festa.

     Esta é unha pequena mostra dalgunhas das variadas actividades plásticas que se realizaron no centro. Antifaces, caretas... adornaban as distintas aulas.