"Entroido no mundo" foi o lema elexido polo Equipo de Normalización e Extraescolares, para a proposta feita ao resto da Comunidade Educativa. Cada curso elixiu un disfraz representativo dunha raza, situándose nun determinado país e época. Nun gran mural, cada curso plasmou a  situación do lugar elexido, características importantes e diversas curiosidades.

    O primeiro ciclo trasladouse á lonxana China; terceiro escapou  do frío de Galicia e buscou un clima tropical: Cuba foi o país elexido; veos, túnicas,..decoraban os disfraces dos árabes de cuarto curso; o alumnado de quinto recordou á raza negra e 6º fixo unha viaxe no tempo á Grecia antiga.

   A festa entroideira comezou o luns desa semana: murais, caretas, antifaces e o noso particular Meco propoñéndonos diversas contraseñas, como podedes ler aquí abaixo.
   Unha das grandes novidades deste ano, foi a colaboración de pais, nais, avoas e avós da A.P.A., convidad@s polo Departamento de Orientación, para elaborar filloas e orellas no propio Centro, o día do desfile. Resultou moi  participativa e motivadora. Dende aquí, dámo-las grazas a todos e todas,  que dun xeito ou outro colaboraron nesta gran festa. Non faltou a queima do Felipiño, para poñer fin a estas datas tan tradicionais dentro das nosas costumes.