"No colexio de Cespón                                   Carteiros, pintoras, enfermeiras...
           sonche moi falangueiros;                               Que guapos imos quedar!
            van celebrar o Entroido                                 e cos bonitos traxes...
           e comer como larpeiros"                                todos a desfilar!

   Este ano no noso Centro collemos o tema dos oficicos: carteiros/as, pintoras, futbolistas e animadoras, dependentes, enfermeiras, médicos, limpadoras, bibliotecarias...déronse cita no desfile celebrado o venres pola mañá. Nesta ocasión tivemos a compañía dos alumnos e alumnas da escola infantil de Vilariño que,  acompañados das súas mestras, deron un toque culinario ao desfile: simpáticos cociñeiros e cociñeiras. Tamén contamos coa presenza de pais e nais e coa gran colaboración para poder degustar os postres típicos destas datas. Graciñas a todos e todas!