|
Realizamos variadas actividades: colgantes con siluetas de follas de árbores
en distintos materiais -fieltro, cartolina, gomaeva,..Elaborouse un gran
mural no que aparecen refráns, ditos, adiviñas,...sobre o outono e en
particular sobre a castaña e os froitos desta época. |
|
A festa de asado e degustación de castañas tivo lugar o xoves, 8 de novembro.
Realizamos diversos xogos, onde o alumnado, dividido en grupos, ía
rotando. Unha vez que o noso conserxe, Muñiz, tiña as castañas asadas,
sentamos a comelas e a continuación xantamos. Logo, como de costume pintamos
as caras. |