Coplas, refráns, contos, murais...foron elaborados ao longo da primeira semana do mes de novembro. O Equipo de Normalización xunto co de Actividades Extraescolares deseñaron diversas actividades para os diferentes niveis. Algunhas foron sorpresa, como podedes comprobar nas fotografías inferiores. Esta fermosa manualidade foi elaborado polo alumnado do primeiro ciclo, axudados polas súas titoras.

       O venres, 7 de novembro, tivemos a xornada principal. Festexámola coa realización de diversos e simpáticos xogos, a maioría en torno á castaña. Posteriormente, degustamos as saborosas castañas asadas polo noso conserxe Muñiz, que ano tras ano, nos facilita o traballo. O alumnado recollía as súas castañas nun práctico brik  colgado a modo de colar: idea moi orixinal, aínda que houbo quen non se resistiu a elaborar os típicos cucuruchos de papel. O remate da festa foi unha comida campestre no xardín e patio do recinto escolar.