Foron diversos os traballos realizados en torno a este froito, dono do outono galego: recollida de adiviñas, lendas, contos e receitas, murais,... A culminación destas actividades tivo lugar cun tradicional magosto no patio do colexio. O alumnado puido degustar as saborosas castañas asadas que eles mesmos trouxeron.O que máis entusiasmou a rapaces e rapazas foi o tisnado final das caras. A continuación, leváronse a cabo distintos xogos e tivo lugar un xantar de confraternidade.