Durante o mes de Nadal realizáronse distintas actividades plásticas, artísticas e académicas para empezar coas celebracións destas datas.

     O alumnado puxo moito empeño, sobre todo na preparación de bailes para o derradeiro día de clase.

     O último día de clase tivo lugar un festival no que cada curso participou con diversas e variadas actuacións. O alumnado pasou unha xornada de grande diversión.

     Nesta última semana tivo lugar tamén a tradicional visita de Papá Noel ao centro. Foi pasando polas distintas aulas, agasallando con caramelos aos nenos e nenas.

     Dende o equipo de Normalización do centro, ao igual que o ano anterior, organizouse un envío de tarxetas de felicitación, para que cada familia recibise unha no seu fogar.