Como tódolos anos, no colexio celebramos esta data con diversas actividades. Xa dende principios de mes se comezou a ensaiar distintas actividades: representacións teatrais, bailes, panxoliñas,... para o festival de final de trimestre. Outra das actividades foi un concurso de contos de nadal, convocado polo Equipo de Normalización.

   Toda a comunidade educativa colaborou nas tarefas de ambientación e decoración dos corredores e das aulas. Dende o Equipo de Extraescolares fíxose unha invitación a nais e pais do alumnado a asistir ó festival.