|
Ramón
Piñeiro López naceu en Láncara (Lugo) un 31 de maio de 1915, hai agora
noventa e catro anos. Á idade de nove anos abandona a súa aldea natal e vai
estudar a Lugo onde fai o bacharelato superior. Estuda Filosofía en Madrid.
Funda cuns amigos, en Vigo, a Editorial Galaxia, sendo el o seu director.
Dende a editorial tentan darlle a importancia que se merece ao idioma
galego. |
 |