Como vén sendo tradición tódolos anos no noso colexio, chegou a festa das cabazas. As principais protagonistas engalánanse coas súas mellores galas, grazas á imaxinación e fantasía do noso alumnado e as súas familias.

     As actividades que se levaron a cabo este ano foron:

         *Decorado e exposición de cabazas.

         *Lecturas e actividades plásticas sobre o tema.

         *Recollida da tradición oral correspondente.