Dentro da divesidade de tarefas: murais, actividades plásticas, debuxos... que levamos a cabo queremos destacar especialmente dúas polo grao de satisfacción deixada entre toda a comunidade educativa. Por unha banda, o alumnado, coa colaboración das familias, trouxo cabazas talladas. O 30 de novembro ás 19:30 tivo lugar o acendido das mesmas bordeando as instalacións exteriores do colexio. Resultou impresionante o espectáculo que puidemos admirar. Outra das actividades realizouse este mesmo día en colaboración co equipo da Biblioteca escolar,  ás 18:00 horas: unha sesión de contacontos a cargo dun druída, con ambientación, música e temática propias do tema.

       Queremos agradecer a gran colaboración prestada polas familias, tanto na posta en marcha da exposición como na afluencia á sesión de contacontos celebrada na Biblioteca do Centro.

        Resaltar igualmente,a Campaña de Animación Lectora :"Le, se te atreves" en coordinación coa Biblioteca escolar.