O mes das Letras, veu ateigado de actividades para levar a cabo na nosa biblioteca. Grazas á participación en Letras vivas creación e animación, poidemos ter entre nós a grandes  autoras, contacontos e ata un grupo de títeres. Estas actividades estiveron enmarcadas dentro da IX Semana Cultural, 2009.

   Marta Dacosta realizou o primeiro dos obradoiros, relacionado co mundo da poesía. Yolanda Castaño xogou co alumando do 1º ciclo a traverso da lectura de dous dos seus libros: Punver e Cando eu saiba ler.
   Ana Mª Fernández co seu obradoiro Contando que contas arrancou os sorrisos do alumando de 4º e 5º que disfrutou e   participou.
   Carmen Domech: Contacontos de libros contentos. Libros que falan, que botan lume, que perden as letras, que se enrolan, que meten medo...
   Marisa Irimia: KKK Kontos de akí  e de akolá. Un percorrido polo mundo das historias
    Pere Taberuela realizou un obradoiro de expresión escrita co alumnado do 3º ciclo
   Títeres Tarabelos: A que cheiran os contos? Puxeron un gran  broche final a esta estupenda semana.
   Dicir, por último, que nesta semana o alumnado do 3º ciclo tamén acudiu a un encontro co escritor e veciño noso Agustín Agra, trala lectura do libro O tesouro da lagoa de Reid'ls. Esta actividade estivo organizada pola Biblioteca Municipal de Boiro.