No mes das Letras e en plena celebración da nosa 5ª Semana Cultural, tivémo-lo pracer de recibi-la visita da escritora Fina Casalderrey. Con anterioridade, o alumnado foi introducíndose na súa obra, a través de distintas actividades lúdico-didácticas programadas para cada ciclo, así como actividades multimedia.

   Cada curso disfrutou coa lectura dun  libro a nivel colectivo, aínda que dada,  a gran cantidade e variedade de obras destinadas ó alumnado de primaria, foron moitos os libros manexados, que deixaron un bo pouso.

    Só mostramos nesta páxina algunhas tarefas realizadas polo alumnado do 2º ciclo.