|
 |
|
 |
|
Unha das
primeiras tarefas realizadas neste curso dende o Departamento de
Orientación, foron entrevistas individuais cos pais, nais ou titores do
noso alumnado. Resultaron moi proveitosas para sacar temas estrictamente
académicos e outros moi parellos e ligados aos estudos. O noso orientador
puido constatar como gran parte dos nenos e nenas almorzaban moi pouco
ou incluso non querían tomar nada sólido polas mañás. |
 |
|
O orientador comezou a
traballar neste aspecto e organizou actividades encamiñadas a concienciar ao
alumnado e as familias de que o almorzo é unha das máis importantes comidas
do día. Pediu asesoramento e conseguiu organizar unha charla, impartida no
Centro por unha pediatra e unha enfermeira do Centro de Saúde de Boiro, e
aberta ao público en xeral. Neste orde de actuacións, e apoiado en todo
momento polo Claustro, puxo en marcha a campaña "Os almorzos saudables".
Contouse coa colaboración de compañías e comercios da zona, que nos
proporcionaron produtos e vales de compra. Durante tres
días consecutivos, por ciclos, o alumnado almorzou no colexio. Temos
que dar as grazas aos pais e nais que nos axudaron coa súa colaboración. |
 |
|
A experiencia resultou moi
interesante para o alumnado, chegando a probar produtos como o aceite de
oliva con pan, que para a gran maioría non formaba parte da súa dieta nos
almorzos. |
|
| |
| |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|