|
Ano tras ano, e seguindo o Plan de Autoprotección, leváronse a cabo diversas
evacuacións no Centro. Este ano, á hora de redactar o Plan Xeral, detectamos
que había certas actuacións que tiñamos sen contemplar, polo que pedimos o
asesoramento dos bombeiros do noso Concello. |
 |
|
Xunto con eles acordamos data e hora de
evacuación. Parte do equipo de bombeiros estivo no colexio recorrendo as
diversas dependencias, escaleiras, entradas, portas de acceso e saída, así
como
observando os posibles erros á hora de realizar a saída. Outra parte dos
profesionais do corpo, en canto recibiron a chamada da evacuación, saíron das
súas instalacións, para controlar o tempo do traxecto. Unha vez no colexio,
equipados con camións e coa axuda de Protección Civil, ensináronlle ao alumnado
os útiles que levaban nos distintos camións, e incluso lles deixaron manexar
as mangueiras da auga, da escuma, probar as mascarillas do aire, os
cascos,... |
 |