O curso pasado tivo lugar no centro un obradoiro de xardinería no que o alumnado do centro estivo moi involucrado. Reciclando e aproveitando material e instalacións do curso pasado, decidimos levar a cabo algunhas tarefas relacionadas co horto escolar. Esta actividade proponse a principio de curso, pero dado o tempo adverso, non se puido comezar ata o mes de marzo.

SEMENTEIRA EN PLANTEIS

   Tódolos cursos levaron a cabo a sementeira en planteis. Cada nivel plantou un semente diferente: caraveis, xirasoles, leituga, cabazas, berenxenas, acelgas, zinias,...

                  

   Outra das tarefas foi a plantación a través de escallos: malva de olor e xeranios.

PLANTACIÓN DE CERDEIRAS

   O alumnado do terceiro ciclo, por ser os maiores, fixeron covos para transplantar árbores de cerdeiras, que quedaran do curso anterior.

               

RAREAR E TRANSPLANTAR

   O alumnado do segundo ciclo, coordinados pola mestra Conchita, encargada do horto escolar, rarearon as novas plantas, deixando unha soa en cada oco do plantel, plantando as demais en macetas.