Unha das pretensións do centro para o curso académico 2007-08, foi a de potenciar  dun xeito didáctico o uso do invernadorio. Para isto contamos coa colaboración dun obradoiro de xardinería do Concello de Boiro, que ten a sede no noso colexio. Cada aula, semanalmente, realiza unha actividade que a profesora deste módulo coordina e leva a cabo. A modo de resume, presentámosvos as realizadas.

PLANTADO DE AZAFRÁN

   Primeira toma de contacto coas novas instalacións do invernadoiro. Nesta primeira experincia plantamos azafrán.

     En envases individuais de cartón e  biodegradables, o alumnado puxo unha primeira capa de casca de piñeiro, logo mestura de terra, area e abono de cabalo. Introduciron o bulbo, puxeron o nome a cada envase. O último paso, foi regar.

SEMENTEIRA EN CAIXAS DE OVOS

 

    Para comezar, prepararon unha mestura de turba rubia e negra con area de río. Encheron cunha capa fina de casca de pino as oveiras  e logo engadiron a mestura preparada con anterioridade. Axudados dun pau, fixeron buratos para introducir as sementes: xirasol, cabazas, melóns,...      Taparon  e cubriron cunha pequena capa de area, para que a semente non se mova ao regar.

CAMELIAS, TULIPÁNS, XACINTOS E ANÉMONAS

                

SEMENTEIRA DE LEITUGA

   Esta vez a sementeria realizouse nunha caixa de madeira, que o alumando aportou. No fondo puxeron bólas de arxila expandida, que actúa como dosificador da auga de rego. Logo, mestura dunha parte de turba con dúas partes de turba e area de canteira. Enchen as caixas, fan regos cos dedos e botan a semente da leituga. Tapan e rematan cunha pequena capa de area fina e regan.