AS  NOSAS  PLANTAS

 

Pintado de macetas

     O primeiro paso foi calcar distintos motivos florais na maceta de barro. A continuación, o alumnado pintou as flores con témperas de cores. Repasáronse os bordes de cor negra. O paso final consistiu no vernizado das macetas.

Plantación

     Despois de traballar ben a terra coas mans, procédese á plantación. Para isto bótase unha capa de terra na maceta. Colócanse os bulbos de tulipáns, xacintos, narcisos e crocus. Recúbrese con máis terra.

Rega

     Ten lugar a primeira rega. No patio do colexio, preto da fonte, o alumnado verte unha pouca auga en cada maceta.

En espera

     Sóbense as macetas á aula, colocándoas nun lugar con luz abundante. Cada alumn@ cubre unha ficha de seguimento da súa planta.

Primeiros gromos

     Dependendo das necesidades de cada planta, regáronse de xeito adecuado. Pasados uns 20 días, xurdiron nas macetas os primeiros gromos. Estes correspondían ós xacintos.
     Máis tarde agromaron os tulipáns e, os máis tardíos foron os bulbos dos crocus.

Primeiras floracións

    No mes de xaneiro comezaron a florecer os primeiros xacintos e, posteriormente, os crocus.

   En todo momento as diversas plantas estiveron resgardadas das grandes fríos invernais que padecemos este ano.