O   VERME   DA   SEDA

Nacemento

   Esta é a foto do meu nacemento. Como podedes observar son un verme negro,  pequeniño e  peludo. Levaba case un ano encerrado no meu ovo. A miña nai era  unha fermosa bolboreta branca.

   Levo meses sen comer! Teño moita fame. Para saír do ovo tiven que morde-la casca. Gracias que teño unhas mandíbulas grandes para abrir un burato no ovo e poder sacar primeiro  a cabeza e logo o resto do corpo. A miña primeira comida é  a cáscara do meu ovo. É un alimento esencial para min, xa que contén elementos nutritivos que son importantísimos para o crecemento. Somos moitísimos irmáns e irmás.

Primeira idade

   Agora son un verme pequeno. Estou feito dun tecido moi flexible que me permite moverme en tódalas direccións. A cada lado da cabeza teño os ollos. Dúas diminutas antenas permítenme  apalpar e senti-lo mundo que me rodea. Só podo comer as follas tenras da moreira e algún que outro pulgón.

Segunda  idade

 

  Despois de tres ou catro días (según a temperatura) a miña pel xa me queda moi estreita. Entonces empeza a romper polo lombo, dende a cola ata a cabeza. Saio da miña pel vella: isto é a miña primeira muda.

Terceira  idade

     Comemos e comemos sen parar. Somos moi activos e precisamos moita comida e osíxeno para medrar.  Mudamos  a nosa pel exterior varias veces para dar paso á interior, máis flexible, o que nos permite medrar. Somos brandos, suaves ó tacto e soemos estar fríos.

    Cambiamos a cor do pescozo a unha cor amarela acaramelada. Empezamos a buscar un lugar axeitado para empezar a tece-la nosa seda, que se produce nun órgano que temos baixo a cabeza chamado glándula seríxena.

   Agora xa non somos vermes, somos eirugas.

Cuarta idade

 

     Empezamos a tecer unha rede de fío de seda moi aberta que ten forma dun amplo casulo. O tecido, nun primeiro momento, é moi solto e permite que nos vexades no  interior. Traballamos sen parar, adiante e atrás. A glándula seríxena produce un fío de seda ininterrompido.

    Logo o casulo vaise facendo máis mesto. O grosor das capas de seda aumenta e o casulo pode xa defendernos dos nosos posibles depredadores. Agora, perfectamente protexida, xa podo empeza-la miña transformación.
   Para rematar de tece-lo casulo empregamos arredor dun kilómetro de seda!

 

  

Xa son unha bolboreta!

   

   Dentro do capullo fixemos dúas mudas máis. Alí convertémonos nunha especie de momia chamada ninfa, crisálida ou pupa.

   Unha vez formados tódolos nosos órganos segregamos un líquido especial para ablanda-lo capullo e poder saír.  Agora xa non somos vermes;  temos ollos, antenas, patas articuladas e ás.

 
 
 
  

    Unha vez nacidas as bolboretas, xuntámonos  para ter filliños e poñemos ovos, que voltarán a nacer na seguinte primavera cos primeiros brotes da moreira.