|
|
|||
|
:::EQUIPO DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA::: |
|||
|
COORDINADORA DO EQUIPO |
MEMBROS DO EQUIPO |
||
|
Mª Pilar
González Rodríguez |
Mª
Carrmen Náñez González Olga
Fernández Justo Mª Isabel Prieto Prieto Cristina
Franco González Mª del Pilar Barros Dapena Nieves Pino Santos Rubén Guede Fernández Mª Isabel González Vázquez |
||
|
OBXECTIVOS |
|||
|
Fomentar o emprego da Lingua Galega por parte de todos os
membros da comunidade educativa , respectando a quen utilice outra lingua. Promover e potenciar todas as actividades e situacións que
poidan contribuír á normalización da nosa lingua. Potenciar a comunicación escrita en Lingua Galega. Recuperar e potenciar as festas e xogos populares: o magosto, o
Entroido, os Maios.... Recoller e espallar a literatura popular. Levar a cabo un tema monográfico na semana das Letras Galegas. Aumentar o interese pola lingua e a cultura galega a través da
rede. Incrementar o material de lectura e consulta en Lingua Galega co
fin de potenciar a biblioteca de literatura galega e fomentar a súa
utilización. Fomentar, a través dos xogos e outras actividades lúdicas,
o uso do galego nas actividades informais do alumno. Potenciar o intercambio de experiencias entre alumnos/as
propiciando a práctica do discurso oral en galego. Animar ao alumnado a escribir en galego e fomentar a súa
creatividade. Representar pequenas obras de teatro en Lingua Galega para que
os alumnos/as se familiaricen pouco a pouco cos nosos escritores. Poñer o alumnado en contacto coas raíces culturais de Galiza e
coa realidade actual. Conmemorar a Semana das Letras Galegas realizando en tódalas
áreas as actividades en Lingua Galega. Realizar murais e carteis para animar ó emprego da Lingua
Galega. Visitar museos e obradoiros para conseguir unha maior
sensibilización por parte dos alumnos nos distintos aspectos da cultura
galega. Colaborar na revista escolar "Esquío" usando a nosa
lingua. Fomentar a participación naqueles concursos que máis se axeiten
a programación. Introducir o alumnado ás novas tecnoloxías en Lingua Galega. Achegar o alumnado e profesorado aos recursos e ferramentas da
rede en galego. |
|||
|
REFERENCIA LEXISLATIVA SOBRE LINGUA GALEGA |
|||
|
Lei
3/1983, do 15 de xuño (DOG do 14 de xullo), de Norrmalización
Lingüística. Decreto
124/2007, do 28 de xuño (DOG do 29 de xuño), polo que se regula o uso e
promoción do galego no sistema educativo. Orde do
1 de abril de 2005 (DOG do 14 de abril) pola que se regulan os cursos
de formación en Lingua Galega e as validacións correspondentes. Orde do 16 de xullo de 2007 (DOG do 30 de
xullo), pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis
de coñecemento da Lingua Galega (Celga). |
|||