|
|
|
:::BIBLIOTECA::: |
|
RESPONSABLE |
HORARIO |
|
María Jesús Díaz Blanco
|
Tódalas mañás de 09:00 h. a 14:00 h. Polas tardes, exclusivamente préstamo, de 16:00 h. a 18:00 h. |
|
O LOCAL |
|
A nosa biblioteca, de forma rectangular, está situada na planta baixa do Colexio.
O seu espazo está distribuido en dúas zonas separadas por un moble de estantes onde se atopa a videoteca: § Unha zona de ocio libre na parte central destinada a actividades de lectura, contacontos e outros, e rodeada de anaqueles clasificados por cores, vermello, verde e amarelo, con libros infantís. § A outra zona, con mesas e cadeiras, emprégase para realizar actividades con libros de consulta ou para ler.
Unha estantería de obra percorre a parede lateral máis longa. Nela están colocados tódolos libros de consulta, rexistrados e coa signatura correspondente, seguindo as normas da Clasificación Decimal Universal (CDU). |
|
|
|
|
|
|
|
Hai un expositor onde se colocan as novidades editoriais así coma algunhas das revistas de que dispón a biblioteca.
Para completa-lo mobiliario dispón dunha mesa cun ordenador e impresora, teléfono, lector de código de barras, un arquivador de solo con caixóns e unha mesa de enfermería destinada a hospital de libros (libros para arranxar, forrar, etc). |
|
|
|
Está decorada con debuxos infantís e cunha figura feita de diversos materiais (tela, papel, ...) que representa a nosa mascota e resposta ó nome de Xiralibro. Asemella unha xirafa con cabeza de libro que preside tódalas actividades que se desenvolven na biblioteca. |
|
|
|
|
|
ORGANIZACIÓN |
LIBROS EN PRÉSTAMO |
OUTRAS ACTIVIDADES |
|
§ A biblioteca conta con 4.500 libros controlados mediante rexistro informático, distribuidos en libros de consulta etiquetados segudo a Clasificación decimal universal (CDU) e libros de literatura infantil e xuvenil coa signatura máis sinxela, seguindo suxestións das bibliotecas escolares de Galicia. § A adquisición de fondos faise a cargo do: presuposto da biblioteca, doazóns de procedencia diversa e compras do Equipo de Normalización Lingüística. § Existe un buzón de suxestións para que o alumnado faga peticións de compra daqueles libros que desexan. |
§ Tódolos membros da comunidade educativa poden levar un libro da biblioteca en réxime de préstamo para eso é necesario un carnet de lector que se achega a principio de curso ós novos alumnos ou durante o curso ó alumnado que se incorpora ó longo deste. § O préstamo faise por ordenador sendo o responsable de leva-lo a cabo o mestre/a titor/a. § O tempo que se pode ter un libro en réxime de préstamo é de 15 días a contar dende o día que se recolle. |
Están organizadas pola responsable da biblioteca. A mascota Xiralibro escribe cartas ós nenos onde lle propón diferentes actividades entre as que salientan: concursos, animación á lectura, festividades, etc. |
|
|
|