CEP Dr. Fleming

Noviembre 24, 2009

EDI SMART ONLINE

Archivado en: Grupo Dinamización TIC — cep.fleming @ 10:57 am

EDI Online

EDI Online

Para utilizar o Encerado Dixital Interactivo (EDI) de Smart xa non necesitas ter instalado no teu ordenador o software de Smart. Tes unha opción online (

http://express.smarttech.com) dende onde se carga a aplicación tendo tan só unha conexión a internet.

Noviembre 23, 2009

A INNOVACIÓN (I+D+i)

Archivado en: Xeral — cep.fleming @ 9:19 am

“Os Innoveitors”, un Cómic co que se pretende acercar o mundo da innovación aos alumnos de toda Galicia.

 

O CÓMIC DA INNOVACIÓN é unha publicación dixital, accesible desde a web www.comicdeinnovacion.com na que, a través de 16 páxinas, dun xeito ameno e pedagóxico, explícanse os conceptos relacionados coa innovación e a  I+D+i.

 

Podes acceder premendo na imaxe.

Noviembre 18, 2009

OPENOFFICE PARA NENOS

Archivado en: Xeral — cep.fleming @ 7:50 pm

Chégame unha nova a través  dun correo da lista de TADEGA. Trátase de OOo4Kids un OpenOffice para nenos ou aquelas persoas que non teñen moitos cóñececementos de informática.

Está composto por un procesador de textos, Folla de cálculo, ferramenta para presentacións e un programa para debuxar. Desgraciadamente non ten base de datos.

É totalmente gratuito e funciona cos sitemas operativos:  Windows xp/Windows vista/Windows 7. Podedes descargalo premendo na imaxe.

Noviembre 12, 2009

VACINA O PENDRIVE CONTRA OS VIRUS

Archivado en: Grupo Dinamización TIC — cep.fleming @ 9:52 am

No vídeo podes ver,  dun xeito sinxelo,  como facer para que un pendriver (lapis de memoria) non transmita virus aínda que os almace.

Explicación:

Por defecto en Windows ao inserir un dispositivo externo (CD, DVD, lapis de memoria) executa o que está escrito no arquivo autorun.inf, que adoita ser un programa benigno e que contén información dos programas que se deben autoexecutar ao introducir a unidade.  Ocorre que os virus escriben no autorun.inf dos lapis de memoria de forma que ao inserilos execútase o propio virus, infectando ao computador sen mediación do usuario. Ao crear un cartafol denominado autorun.inf e protexela contra escritura, os virus non poden editala e por tanto non se lanzan ao inserir o pendrive.

Gestionado con WordPress