O pasado martes 20 moitos alumnos de 5º fomos á Illa de Ons acompañados pola nosas Profesoras e mailo Director.
O autobús levounos ó porto de Bueu,onde collemos un barco para ir a Ons.
Cando chegamos á illa comemos un pouco e ao cabo dun rato comezamos a camiñata. Empezamos pola Praia de Area dos Cans, onde fixemos un xogo.Seguimos polo Barrio do Canesol que alí subían as barcas os pescadores para reparalas. Logo camiñamos un pouco e, nun tellado,vimos un lagarto arnal que é o máis grande de Europa. Despois fomos ós cantís, onde vimos unhas furnas nas que as gaivotas aniñan.O guía montou un telescopio e por el vimos uns corvos mariños. Por último fomos a un sitio no que cultivaban patacas, chícharos,pementos…
Despois fomos comer a un bar onde amablemente nos prestaron unhas mesas con bancos para sentarnos.