LE ATENTAMENTE A POESÍA ANTES DE FACERES AS ACTIVIDADES
| Adiós, ríos; adiós, fontes; | amoriñas das silveiras |
| adiós, regatos pequenos; | que eu lle daba ó meu amor, |
| adiós, vista dos meus ollos; | camiñiños antre o millo, |
| non sei cando nos veremos. | ¡adiós, para sempre adiós! |
| Miña terra, miña terra, | ¡Adiós, groria!¡Adiós, contento! |
| terra donde me eu criéi, | ¡Deixo a casa onde nacín, |
| hortiña que quero tanto | deixo a aldea que conoso |
| figueiriñas que prantéi, | por un mundo que non vin! |
| prados, ríos, arboredas, | Deixo amigos por estraños, |
| pinares que move o vento, | deixo a veiga polo mar, |
| paxariños piadores, | deixo, en fin, canto ben quero. |
| casiña do meu contento, | ¡Quén pudera no o deixar... ! |
| muíño dos castañares, | |
| noites craras de luar, | |
| campaniñas trimbadoras | |
| da igrexiña do lugar, |
Resolve este encrucillado cos nomes das cousas das que se vai despedindo no poema.