Completa o texto, segundo o que acabas de ler.

María Rosalía Rita de Castro naceu en o 24 de febreiro do 1837. Parte da súa infancia pasouna coa súa nai en , indo ós 13 anos para Santiago de Compostela. En 1856 vaise para Madrid, para adicarse a escribir. Alí con Manuel Murguía, e gran galeguista.
Durante anos alterna a residencia entre e Galicia, onde xa quedará definitivamente a partires de 1871. Os derradeiros anos da súa vida pásaos en Padrón, na que hoxe é a Casa Museo de Rosalía. Pouco antes da súa morte, enferma de cancro, pasa unha curta tempada na Ría de Arousa (Carril), pois quería ve-lo antes de morrer. Con 48 anos (ano 1885), Rosalía morre en Padrón.
Na actualidade, os seu restos repousan no Panteón de Ilustres, en San Domingos de Bonaval (Santiago).


Rosalía cultivou distintos xéneros literarios: novela, cadro de costumes, conto, reportaxe, poesía... Pero é aquí, na poesía, onde máis destacou, converténdose nunha universal.
Rosalía escribiu tanto en galego como en castelán. En galego escribiu os libros de poemas Cantares gallegos (1863) e Follas novas (1880).
En castelán e en verso, La flor (1857), A mi madre (1863) e En las orillas del Sar (1884). En prosa escribiu, entre outras, as obras Flavio (1861), El caballero de las botas azules (1867), La hija del mar (1859), El primer loco (1881), Costumbres gallegas (1881)  Padrón y las inundaciones (1881) e Ruinas (1866).
No centenario da publicación de Cantares Gallegos (1963), a Real Academia Galega consagrou o 17 de á celebración do Día das Letras Galegas, que lle foron adicadas a Rosalía na súa edición. Elexiuse esta data porque era a que figuraba na adicatoria feita por Rosalía.