BuscadorIniciar sesión |
Benvidos e benvidas ao sitio web do CFR de Lugo![]() Ao longo das páxinas deste sitio web, do CFR de Lugo, poderás consultar toda a información sobre a formación do profesorado que necesites. Recoméndamosche que navegues polas diferentes categorías, se non atopas o que desexas usa o buscador da esquerda. O Centro de Formación e Recursos de Lugo, seguindo a súa iniciativa da mellora continua na prestación dos seus servizos, define a: Visión: ser líderes na formación continua do profesorado, na innovación pedagóxica, nos recursos dispoñibles para as accións formativas, na calidade dos servizos prestados, na implicación e satisfacción de todos os axentes que interveñen para favorecer a aplicación na aula de metodoloxías de vangarda, potenciando a inclusión das TIC nas áreas curriculares. Misión: garantir a calidade da ensinanza a través da formación do profesorado, ofertando accións formativas diversificadas, dinámicas e innovadoras, que dean resposta ao dereito e a obriga de todo o profesorado á súa actualización científica e didáctica para a mellora continua da súa cualificación profesional. Valores: estimular a competencia técnica, que sería o coñecemento, o saber. A competencia nos métodos, que é a capacidade do saber facer. A competencia para participar, o saber estar. A competencia emocional, algo fundamental que ten relación co persoal, coa calidade persoal, que sería a personalidade, é dicir, o saber ser, e finalmente, aprender a desaprender. |
Eventos
Usuarios conectadosAgora mesmo hai 0 usuarios e 0 invitados conectados.
|