|
|
|
|
· Diccionario da Real Academia Galega: Diccionario da RAG e Diccionario de pedagoxía. Non está actualizado á nova Normativa (utiliza a Normativa de Novembro do 1997). http://www.edu.xunta.es/diccionarios/index_rag.html · Digalego: Dicionario de galego que teñen editado en papel os da Editorial Ir Indo con máis de 2.000 páxinas, incorporándolle as etimoloxías e as equivalencias en portugués, castelán e inglés. Está adaptado á nova Normativa de Xullo do 2003. Segundo anuncian, en breve disporá de sinónimos, antónimos e frases feitas. http://digalego.com/diccionario/html/index.php
· Galipedia: Enciclopedia libre en galego feita por voluntarios. Conta con máis de 40.000 artigos. http://gl.wikipedia.org · Galizionario: É un un proxecto colaborativo seguindo a filosofía wiki para producir un dicionario gratuíto en galego. Ten máis de 20.000 entradas. http://gl.wiktionary.org/wiki/P%C3%A1xina_Principal · Dicionario Visual Interactivo: Ferramenta para a iniciación no uso da lingua galega do alumnado procedente do estranxeiro. Traballa vocabulario de diferentes campos semánticos, permite escoitar a súa pronuncia e realizar exercicios sinxelos. http://www.edu.xunta.es/contidos/dicionariovisual
· VOLGA: Vocabulario ortográfico da lingua galega do ILGa. http://www.realacademiagalega.org/volga · TILG: Tesouro Informatizado da Lingua Galega: Ampla base de datos lexicográfica que recolle termos da nosa historia literaria e permítenos atopar palabras no seu contexto. http://www.ti.usc.es/TILG/ · Galegos.info: Completa base de datos sobre persoeiros galegos. http://www.galegos.info · Nomenclator: Estudio da toponimia oficial galega. http://www.xunta.es/nomenclator/arbol.jsp · Topogal: Para o estudo da toponimia galega. http://www.agal-gz.org/modules.php?name=Downloads&d_op=MostPopular · Aquén: Ferramenta para a consulta da toponimia oficial galega feito pola Universidade de Vigo. http://sli.uvigo.es/toponimia · Glosario de termos da Internet: (en galego, inglés, castelán e portugués). http://webs.uvigo.es/sli/glinternet/index.html · Diccionario CLUVI: Diccionario Inglés-Galego da Universidade de Vigo. http://sli.uvigo.es/CLIG · Estraviz: Diccionario reintegracionista e agora tamén coa normativa oficial. http://www.agal-gz.org/estraviz · Cartografía dos apelidos de Galicia: http://servergis.cesga.es/website/apelidos/viewer.asp
·
Páxina do
Instituto Nacional de Estatística: Para
ver como o apelido está distribuido por todo o Estado.
http://www.ine.es/fapel/FAPEL
· Google Translate: o tradutor e dicionario de Google inclúe diferentes linguas, entre elas o galego. Permite traducir o texto directamente escribíndoo nunha caixa ou unha web inserindo a súa url . De momento o galego só está operativo para traducir entre as diferentes linguas pero non o dicionario http://www.google.com/translate_t?hl=es
|