Suite de programas elaborada na Universidade de Victoria (Canadá).

Está en galego.

Inclúe 6 aplicacións que che permiten crear actividades educativas en linguaxe html, como:

  • Completar ocos (JCloze)
  • Exercicios de respostas abertas (JQuiz)
  • Encrucillados (JCross)
  • Exercicios de ordenar frases ou letras dunha palabra (JMix)
  • Exercicios de asociación ou emparellamento (JMatch).
  • Para crear unidades enlazadas a partir de diferentes exercicios (The Masher)

Hot Potatoes é de balde para que os docentes poidan facer as súas páxinas educativas.

Descarga en: http://hotpot.uvic.ca/

 

Exemplos en galego:

   
A Vida de Xaquín Lorenzo (Xocas) (Letras Galegas 2004) é unha aplicación en formato web feita coa suite de programas Hot Potatoes. Consta das seguintes partes: Infancia, Adolescencia, Xuventude, Guerra, Premios, Morte, Etnografía e exercicios para repasar todo o aprendido. Recibiu un Accésit na convocatoria dos Premios Siega 2003.
   
Problemáticos é unha aplicación educativa en contorno web feita co programa Hot Potatoes que ten como obxectivo fundamental o de achegar aos alumnos á resolución de problemas matemáticos. Inclúe actividades de ordenar números, repaso de táboas, decidir a operación para resolver un problema, elexir o plantexamento ou resolver mentalmente problemas sinxelos. Recibiu o 4º Premio Siega na convocatoria de 2003. Está alonzado no Portal de Contidos Educativos da Xunta.
   
Vial – Test : Pretende que os nosos alumnos e alumnas demostren xogando os seus coñecementos sobre Educación Viaria. A aplicación consta de 200 preguntas  sobre aqueles aspectos curriculares da Educación Vial contidas nos DCB de Primaria e ESO, estructurándoos en diferentes bloques: Somos peóns, acompañamos ao conductor, andamos en bicicleta, patín e monopatín, os nosos pais son coductores, imos en autobús,... e polo tanto temos que coñecer os sinais de tráfico que vemos nas distintas vías públicas. Recibiu o Premio á Innovación Educativa sobre a Educación Viaria na convocatoria do ano 2005.
   
Etnonet 1.0 – Descubre Galicia: é unha aplicación educativa en contorno web feita co programa Hot Potatoes que ten como obxectivo que os nosos alumnos descubran a riqueza paisaxística da nosa Comunidade. Amosa máis dun cento de destinos de interese en Galicia. Ten dous niveis: Básico (para alumnos con Necesidades Educativas Especiais. Só se pregunta en que provincia é cada fotografía) e Avanzado (pregúntase pola localidade galega en cuestión. En cada resposta correcta proporciónase unha información adicional). Recibiu un Accésit na convocatoria dos Premios Siega 2004.
   
Etnonet 2.0 - Enciclopedia Interactiva da Cultura Galega pretende que os nosos alumnos e alumnas descubran a gran diversidade cultural da Comunidade Autónoma na que viven: Galicia. A aplicación consta de 120 propostas  sobre a cultura de Galicia: Os símbolos identificativos de Galicia, as institucións,  a gastronomía, flora e fauna, historia, literatura, música,  novas iniciativas e tendencias,...

  

Máis actividades con Hot Potatoes noutras línguas:

 

Titoriais: