| Matemáticas 1º Ciclo: 2 xogadores
compiten para ver quen é quen de chegar á meta respostando
preguntas de matemáticas para o 1º Ciclo de Primaria. |
 |
| |
|
| Matemáticas 2º Ciclo: 2 xogadores
compiten para ver quen é quen de acabar coas súas boliñas
respostando preguntas de repaso de matemáticas para o 2º Ciclo
de Primaria. |
 |
| |
|
| Matemáticas 3º Ciclo (carreira de
formigas): 2 xogadores compiten para ver que formiga sae
antes do formigueiro respostando preguntas de repaso de
matemáticas para o 3º Ciclo de Primaria. |
 |
| |
|
| Matemáticas 1º Ciclo da ESO: 2
xogadores compiten para ver quen completa antes a súa tarxeta
coa cor correspondente respostando preguntas de repaso de
matemáticas para o 1º Ciclo da ESO. |
 |
| |
|
| Galicia: 2 xogadores compiten para
ver quen resposta máis preguntas sobre Galicia. Todas as
preguntas teñen unha axuda para navegar pola rede e ampliar
coñecementos. Pensado para alumnos do 3º Ciclo de Primaria ou da
ESO. |
 |
| |
|
| Instrumentos musicais: Para 1
xogador. Xogo de recoñecemento de sons de instrumentos musicais.
Hai que completar as 10 notas do pentagrama. |
 |
| |
|
| O mundo do Cómic: Para 1 xogador.
Xogo para traballar todo o relacionado co mundo do cómic
preferentemente en España. Hai que completar os dez cromos do
álbum. Todas as preguntas permiten navegar pola rede para
ampliar coñecementos. |
 |
| |
|
| Vai estalar a Paz!: Para 1 xogador.
Xogo para traballar o Día da Paz respostando preguntas
sobre a Paz no Mundo. Utilízase o simil da última bomba da que
non sae terror e destrución senón unha pomba. Todas as preguntas
permítennos navegar pola rede para ampliar coñecementos. |
 |
| |
|
| Food:
Para 2 xogadores. Xogo para traballar o vocabulario en inglés
dos alimentos. Gaña quen coma antes todo o do prato. |
 |
| |
|
| Javascript Galicia: Con todos os
xogos anteriores podemos crear un formulario similar a este
exemplo. |
 |
| |
|
| Nature Trail é un programa
para un xogador no que terá que amosar o vocabulario
que posúe en inglés sobre termos relacionados coa
natureza. Utilizamos para elo fotos do CEIP O Piñeiriño, moi
sensibilizado polo Medio Ambiente. Con cada pregunta acertada, a
rá dará un salto. Gañamos cando non quedan rochas a saltar e a
rá ten que meterse na lagoa. Pensada para alumnos do 3º Ciclo de
Primaria. Ten son. |
 |
| |
|
| Nature Trail 2 é o mesmo xogo
anterior pero pensado para competir entre 2 xogadores.
Aquí unha rá amarela e unha rá verde compiten para ver quen é
quen de saír da lagoa e comer unha mosca que está situada fóra.
As preguntas son as mesmas da aplicación anterior (polo tanto
en inglés e relacionadas coa natureza). Está pensada para
alumnos do 3º Ciclo de Primaria. Ten son. |
 |
| |
|
| O nome das cousas:
Dora a Exploradora quere chegar xunto ao seu amigo
Botas e para elo ten que acertar cinco
preguntas correctamente sobre a letra na que comezan
unha serie de obxectos cotiás. Está pensado para alumnos e
alumnas de Infantil de 5 anos ou 1º de Primaria onde os nenos
están iniciándose na lectura. Está feito co software "proxecto
Xogamos?" . Moi recomendable aplicar na PDI (Pizarra Dixital
Interactiva) para o cal o panel coas respostas está situado na
parte inferior da pantalla para que os nenos poidan chegar
facilmente. |
 |
| |
|
| Xosé María Álvarez Blázquez: Xogo
para dous xogadores que compiten para ver quen chega antes á
Catedral de Santiago respostando preguntas sobre a vida e obra
do autor homenaxeado neste ano 2008 no "Día das Letras
Galegas". |
 |
| |
|
| O mundo do circo: Xogo
para un xogador. Terás que recoñecer seis traballos artísticos
relacionados co mundo do circo (considerado por algúns como o
maior espectáculo do mundo) dun total de 12 videos.
Dependendo da conexión a internet hai que esperar máis ou menos
a que cargue o video. |
 |
| |
|
| O xogo de Samaín: Xogo
para un xogador. Resposta correctamente a 12 preguntas sobre
esta celebración en Galicia e completa un crebacabezas. Polos
compañeiros do CEIP Manuel Fraga en Cariño. |
 |