ESO PGS Bacharelatos Ciclos G. Medio Ciclos G. Superior
 

CICLOS FORMATIVOS DE GRAO MEDIO

Condicións de acceso: Título de Graduad@ en ESO, Técnic@ Auxiliar (FP I), Técnic@ Especialista (FP II), 1º e 2º de BUP aprobados, Proba de Acceso a Ciclos Medios aprobada.
Familias profesionais Ciclos Formativos
Madeira e Moble

Fabricación á medida e instalación de carpintería e moble: Duración: 2.000 horas. Saídas profesionais: Instalador/a de chan e revestimentos de madeira, de carpintería de armar, de portas e fiestras. Técnic@ en construción de carpintería e mobles á medida. Mecanizador/a de madeira. Preparador/a-instalador/a de tabiques e mobles. Técnic@ en instalación de mobles de cociña e baño.

Mantemento de Vehículos Autopropulsados

Electromecánica de vehículos: Duración: 2.000 horas. Saídas profesionais: Mecánico e electricista de automóbiles, de equipos diésel, de maquinaria agrícola e de obras públicas, de vehículos pesados. Instalador/a de accesorios.

Carrozaría: Duración: 2.000 horas. Saídas profesionais: Chapista e pintor/a de carrozaría de automóbiles, maquinaria de obras públicas e agrícola, vehículos pesados, motocicletas e ferrocarrís. Instalador/a de cristais e montador/a de accesorios.

Fabricación Mecánica

Soldadura e caldeirería: Duración: 2.000 horas. Saídas profesionais: Montador/a de tubos metálicos estruturais. Trazador/a. Reparador/a de estruturas e aceiro en taller de obra. Carpinteir@ metálic@. Soldador/a. Caldeireir@.

Mantemento e Servizos á Produción

Montaxe e mantemento de instalacións de frío, climatización e produción de Calor: Duración: 2.000 horas. Saídas profesionais: Instalador/a - mantedor/a de instalacións de calefacción, auga quente sanitaria e climatización. Frigorista. Instalador/a de gas. Mantedor/a de instalacións auxiliares á produción. Mantedor/a de instalacións de proceso.