|
O IES
Valentín Paz Andrade convoca premios para colaboracións na revista
escolar A Miñoka. Os premios son unha iniciativa de D. Alfonso
Paz-Andrade e están financiados por el.
BASES
-
As colaboracións poderán ser traballos de investigación,
divulgación ou creación e deberán ser orixinais.
-
Deberán presentarse en galego normativo.
-
Os traballos serán entregados no local do ENL, en formato dixital, antes do 15 de xuño.
-
Poderán presentarse traballos individuais e colectivos.
-
O xurado estará formado pola Directora, o coordinador do
ENL, un representante do profesorado, un
representante do alumnado e un representante do persoal non docente.
-
Haberá varios premios, que o xurado concederá en función
da calidade dos traballos presentados:
-
1 premio de 400 €.
-
1 premio de 300 €.
-
3 premios de 100 €.
-
Os traballos premiados serán publicados na revista A Miñoka.
-
A participación implica a aceptación das presentes bases.
-
Os premios entregaranse o día da presentación da revista, acto ó que
será invitado D. Alfonso Paz-Andrade.
|