Probas de acceso
Para cursar estudos no Conservatorio Profesional de Música de Vigo, os/as aspirantes deben superar a correspondente proba de acceso, que se celebran en xuño (para acceder a 1º de Grao Elemental e 1º de Grao Profesional) e en setembro para os restantes cursos. Os Decretos polos que se regulan as ensinanzas de música en Galicia son o 198-2007 (Grao Elemental) e 203-2007 (Grao Profesional). Así mesmo, a lexislación que regula as probas de acceso son a circular 4/2008 (GE) e a Orde do 28 de xullo de 2008 (GP).




































