BENVIDA REDE EOE
No Decreto 120/1998, do 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia, créanse os Equipos de Orientación Específicos (EOE). Na Orde do 24 de xullo de 1998, establécese a súa organización e funcionamento e na Circular 18/2007 das Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, recóllense as liñas prioritarias dende o curso 2007.
QUEN SOMOS?
Un servizo de orientación externo aos centros educativos. Este servizo ten unha composición profesional que pretende dar resposta ás necesidades de intervención externa ligadas a aspectos psicopedagóxicos específicos e a cuestións sociais ou mesmo familiares que teñen incidencia no ámbito educativo.