Xornadas Ciencia e Tecnoloxía. Ano internacional da Química 2011
Os días 25 e 26 de marzo de 2011 terán lugar no CIFP Politécnico de Santiago as Xornadas de Ciencia e Tecnoloxía. Ano internacional da Química 2011, organizadas polo Servizo de Formación do Profesorado da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
Con estas xornadas, o Servizo de Formación do Profesorado súmase á celebración da iniciativa das Nacións Unidas de recoñecer este ano as contribucións da Química ao benestar da humanidade.
Nas xornadas abordarase a Química dun xeito multidisciplinar, a través de conferencias e obradoiros sobre diferentes achegas da ciencia e a tecnoloxía ao ensino na educación secundaria.
RESEÑA DE CONFERENCIAS E PROTO-DISCURSHOW
PLANO DE SITUACIÓN DO CIFP POLITÉCNICO DE SANTIAGO (Rosalía de Castro, 133
A competencia en comunicación lingüística. Un proxecto de centro II
A competencia en comunicación
lingüística.
Un proxecto de centro II
Coa presente actividade, organizada pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, preténdese dar resposta á necesidade do profesorado de áreas non lingüísticas de dotación de recursos e orientacións didácticas no traballo da competencia en comunicación lingüística.
Nesta segunda edición centrámonos no desafío de aprender a saber ler: a comprensión lectora.
Todo o profesorado debe asumir que ensina utilizando a lingua e cada disciplina ten a súa retórica: non só hai que aprender matemáticas, ciencias sociais, física… senón aprender a ler matemáticas …é dicir, comprender matemáticas, ciencias, plástica…
Abordaremos a lectura dixital, que trae consigo un novo concepto de alfabetización; a nova escritura hipermediática e presentaranse experiencias levadas á aula por profesorado de áreas non lingüísticas en diferentes centros de Galicia.
Sa desexa máis información pode direixirse a asesoria.lingua@edu.xunta.es
Se desexa consultar os materiais da edición anterior, prema aquí.
Materiais das xornadas
![]() |
José Manuel Pérez Tornero. Facultade de Xornalismo da Universidade Autónoma de Barcelona. |
![]() |
Mª Pilar Jiménez Aleixandre. Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela
Aprender a falar e escribir ciencias Actividades para traballar o uso de probas e a argumentación en secundaria |
![]() |
José Luis García González. Facultade de Educación da Universidade de Cantabria
A competencia dixital e lingüística en educación desde o punto de vista do ordenador |
![]() |
Cristina Pereiro Muñoz. Secundaria. Ciencias Naturais
A competencia para a comunicación lingüística de científicas e científicos |
![]() |
Mª Jesús Enguidanos Floreani. Primaria |
![]() |
Carmen Buitrón Pérez. Secundaria. Matemáticas |
![]() |
Monserrat Brandariz Prego. Primaria |
![]() |
Xosé Fernández Maneiro. Secundaria. Ciencias Sociais |
![]() |
Cristina Fernández Castro. Secundaria. Plástica
Educación Plástica e Visual e as 4D da competencia lingüística |
![]() |
Olga Rodríguez Díaz. Primaria
(antes imos ensinar como se fai ¿vale?) |
GALERÍA DE FOTOS
Pek, the traveller flea
PROXECTO DO MES
Neste proxecto eTwinning varios centros europeos, entre eles o IES San Clemente de Santiago de Compostela e o Centro de Profesores de Nájera, crearon conxuntamente un cómic que conta as aventuras dunha … [Máis...]
III Xornadas de Lingua
Dispóñense en aberto os materiais das III Xornadas de Lingua
Vídeo do Relatorio de Eduardo Vidal Abarca. Universidade de Valencia
Materiais de Eduardo Vidal Abarca. Universidade de Valencia
Vídeo do Relatorio de Faustino Salgado López. Inspector da Consellería de Educación
Materiais de Faustino Salgado López. Inspector da Consellería de Educación
Vídeo do Relatorio de Artur Noguerol Rodrigo. Universidade Autónoma de Barcelona
Materiais de Artur Noguerol Rodrigo. Universidade Autónoma de Barcelona
Recital poético-musical Casa Hamlet
XORNADAS. OS CAMIÑOS DE SANTIAGO COMO RECURSO DIDÁCTICO
Curso eTwinning 2.0
Convocado o curso eTwinning 2.0 para o curso 2010-2011.
O curso forma parte da oferta de formación a distancia do Ministerio de Educación a través do programa Formación en Red do ITE.
Pódese atopar información na seguinte dirección:
- Na páxina web de eTwinning
- Na páxina de Formación en Red do ITE
Para facer a preinscrición, no seguinte enlace: Preinscrición en cursos: 1ª edición 2010-2011
5º Aniversario eTwinning
O proxecto eTwinning é unha iniciativa que fomenta o establecemento de irmandamentos escolares e o desenvolvemento de proxectos de colaboración a través de Internet entre dous ou máis centros de países europeos diferentes sobre calquera tema acordado polos participantes. Comezou no ano 2005 como unha parte fundamental do programa eLearning e dende 2007 está integrado no Programa de Aprendizaxe Permanente como medida de acompañamento de Comenius.
A traxectoria de eTwinning nestes 5 anos constitúe un dos fenómenos educativos máis relevantes no ámbito europeo. A día de hoxe, o número de profesores rexistrados no proxecto é de 89.438, o que convirte ao proxecto na rede social educativa máis grande do mundo. Neste momento desenvólvense 5.189 proxectos nos 32 países paticipantes, o que da unha idea da súa importancia na construcción dun espazo educativo europeo e a súa contribución á creación de redes sociais de coñecemento entre profesorado de diferentes culturas.
¡Feliz aniversario!
Premios materiais curriculares – ITE

Recentemente o ITE (o Instituto de Tecnoloxías Educativas é a unidade do Ministerio de Educación responsable da integración das Tics nas etapas educativas non universitarias) ven de publicar a Resolución da convocatoria 2009 dos Premios a Materiais Educativos elaborados para o seu uso en Internet.
Desde Educacontic recollen esta información e coas ligazóns a algunhas das propostas premiadas.
Noraboa aos premiados!!
eLearning Awards
Ata o próximo 23 de outubro pódense presentar propostas aos eLearning Awards. Ánimo e sorte!
Web con información do concurso: http://elearningawards.eun.org/ww/en/pub/elearningawards/homepage.htm
Proxecto ed@d (Ensinanza Dixital a Distancia)
O Ministerio de Educación e coa participación do ISFTIC e o CIDEAD, pon en marcha o Proxecto ed@d (Ensinanza Dixital a Distancia) co que “presenta un nuevo modelo de libro interactivo, que permite a los estudiantes aprovechar las ventajas de las Tecnologías de la Información y la Comunicación para mejorar su aprendizaje autónomo y agilizar la comunicación con sus tutores, en un entorno tecnológico avanzado.”
Máis información na web http://descartes.isftic.mepsyd.es/edad/




















