CURSO 2005-2006
OBXECTIVO: Recuperación da materia MATEMÁTICAS pendente do curso anterior
IMPORTANCIA: Para a promoción/titulación teráse en conta xunto coas materias cursadas no presente ano académico do modo que segue:
- Suspenso no curso actual e suspenso no anterior son 2 suspensas
- Suspenso no curso actual e aprobado no anterior son 1 suspensa
- Aprobado no curso actual son 0 suspensas
CRITERIOS DE AVALIACIÓN: Valoraranse os exercicios propostos e maila proba escrita coa seguinte ponderación.
- Os exercicios entregados en prazo constituirán o 40 % da nota.
- Os exercicios entregados fóra de prazo constituirán o 20 % da nota.
- O resto da nota corresponde á proba escrita.
- Un alumno que supere a proba escrita aprobará de tódolos xeitos.
MÁIS INFORMACIÓN: Orde do 30 de setembro de 2004, DOG do 22 de outubro de 2004 e corrección de erros, DOG de 17 de novembro de 2004.
INFORMACIÓN POR CURSOS: 1º ESO 2º ESO 3º ESO
ACTIVIDADES PARA RECUPERAR 1º ESO:
· Semana do 22 ó 26 de maio de 2006, exame no día e hora que se indicará (consulta "Recursos" para ver modelos de exame).
· Ata o 19 de maio de 2006, entrega dos exercicios encargados nos prazos que figuran en cada boletín de exercicios á xefa do departamento, Mª del Carmen González Varela.
· Ata o 19 de maio de 2006, consulta de dúbidas e axuda para resolver os exercicios os recreos dos xoves na aula de Informática, onde a profesora Mª Carmen atenderá ó alumnado de con pendente 1º ESO.
CONTIDOS AVALIABLES DE 1º ESO: Os que marca a lexislación, a saber:
- Utilizar de forma adecuada os números enteiros, as fraccións e os decimais para resolver situacións relacionadas coa vida cotiá.
- Elixir, ao resolver un determinado problema, o tipo de cálculo axeitado (mental ou manual) e darlle significado ás operacións e resultados obtidos, de acordo co enunciado.
- Estimar e calcular expresións sinxelas en que aparezan números enteiros e fraccionarios (baseadas nas operacións elementais e potencias de expoñente natural que involucren, como máximo, dúas operacións encadeadas e unha paréntese), aplicando correctamente as regras de prioridade e facendo un uso adecuado dos signos e das parénteses.
- Manexar as distintas unidades de medida e as súas relacións, empregando convenientemente o factor de conversión, regra de tres simple e as porcentaxes, para resolver problemas relacionados coa vida cotiá.
- Recoñecer, debuxar e describir os elementos e propiedades características das figuras planas elementais.
- Utilizar as fórmulas adecuadas para obter lonxitudes e áreas das figuras planas nun contexto de resolución de problemas xeométricos.
- Descubrir a información práctica de gráficas sinxelas (de trazo continuo) nun contexto de resolución de problemas relacionados con fenómenos naturais e da vida cotiá.
ACTIVIDADES PARA RECUPERAR 2º ESO:
· Semana do 22 ó 26 de maio de 2006, exame no día e hora que se indicará (consulta "Recursos" para ver modelos de exame).
· Ata o 19 de maio de 2006, entrega dos exercicios encargados nos prazos que figuran en cada boletín de exercicios á xefa do departamento, Mª del Carmen González Varela.
· Ata o 19 de maio de 2006, consulta de dúbidas e axuda para resolver os exercicios os recreos dos martes na aula de 3º ESO B, onde a profesora Mª Carmen atenderá ó alumnado conpendente 2º ESO.
CONTIDOS AVALIABLES DE 2º ESO: Os que marca a lexislación, a saber:
- Utilizar de forma adecuada os números enteiros, as fraccións, os decimais e as raíces cadradas para resolver situacións relacionadas coa vida cotiá.
- Elixir, ao resolver un determinado problema, o tipo de cálculo axeitado (mental, manual ou con calculadora) e darlle significado ás operacións e resultados obtidos, de acordo co enunciado.
- Estimar e calcular expresións sinxelas en que aparezan números enteiros, fraccionarios e radicais básicos (baseadas nas operacións elementais que involucren, como máximo, dúas operacións encadeadas encadeadas e unha paréntese), aplicando correctamente as regras de prioridade e facendo un uso adecuado dos signos e as parénteses.
- Utilizar as aproximacións numéricas, por defecto e por exceso, relacionadas elixíndoas e valorándoas de forma conveniente na resolución de problemas, desde a toma de datos ata a solución.
- Simbolizar e resolver problemas sinxelos utilizando métodos numéricos, gráficos ou alxébricos, cando se baseen na aplicación de fórmulas coñecidas ou na resolución de ecuacións sinxelas de primeiro grao.
- Manexar as distintas unidades de medidas (angulares, temporais, monetarias e do sistema métrico decimal) e as súas relacións, empregando convenientemente o factor de conversión, regra de tres simple, directa e inversa, e porcentaxes, para estimar e efectuar medidas, directas e indirectas, e resolver problemas relacionados coa vida cotiá e valorando o grao de precisión.
- Recoñecer, debuxar e describir os elementos e propiedades características das figuras planas, os corpos elementais e as súas configuracións xeométricas a través de ilustracións, de exemplos tomados da vida real ou nun contexto de resolución de problemas xeométricos.
- Empregar o teorema de Pitágoras e demais fórmulas adecuadas para obter lonxitudes, áreas e volumes das figuras planas e dos corpos elementais, nun contexto de resolución de problemas xeométricos.
- Interpretar e utilizar as relacións de proporcionalidade xeométrica entre segmentos de figuras planas utilizando o teorema de Tales e os criterios de semellanza. Construír figuras semellantes a outras nunha razón dada. Utilizar adecuadamente as escalas numéricas e gráficas para coñecer as dimensións reais de figuras representadas en mapas ou planos.
- Representar e interpretar puntos e gráficas cartesianas de relacións funcionais sinxelas, baseadas na proporcionalidade directa, que veñan dadas a través de táboas de valores e intercambiar información entre esas táboas e as gráficas.
- Obter e interpretar as táboas de frecuencias, diagramas, así como as medidas de centralización dunha distribución discreta (moda e media aritmética), utilizando a calculadora cando sexa necesario.
ACTIVIDADES PARA RECUPERAR 3º ESO:
· Semana do 22 ó 26 de maio de 2006, exame no día e hora que se indicará (consulta "Recursos" para ver modelos de exame).
· Ata o 19 de maio de 2006, entrega dos exercicios encargados nos prazos que figuran en cada boletín de exercicios á xefa do departamento, Mª del Carmen González Varela.
· Ata o 19 de maio de 2006, consulta de dúbidas e axuda para resolver os exercicios os recreos dos venres na aula de 4º ESO A, onde a profesora Mª Carmen atenderá ó alumnado con pendente 3º ESO.
CONTIDOS AVALIABLES DE 3º ESO: Os que marca a lexislación, a saber:
- Identificar e utiliza-los distintos tipos de números racionais elixindo para un determinado tipo de problema o cálculo adecuado (mental, manual, con calculadora), dando significado ás operacións, procedementos e resultados obtidos, de acordo co enunciado.
- Estimar, calcular e simplificar expresións numéricas
- sinxelas de racionais (baseadas nas operacións elementais e potencias de expoñente enteiro) aplicando correctamente as regras de prioridade e facendo uso adecuado de signos e parénteses.
- Utilizar convenientemente as aproximacións decimais (acotando o erro cometido), as unidades de medidas usuais, as relacións de proporcionalidade numérica (regra de tres simple, porcentaxes, intereses, etc.) na resolución de problemas relacionados coa vida cotiá.
- Recoñece-los números irracionais e simplificar e calcular expresións con radicais baseándose nas operacións elementais.
- Construír expresións alxébricas e ecuacións sinxelas a partir de sucesións numéricas (progresións), táboas ou enunciados e interpreta-las relacións numéricas que se dan implicitamente nunha fórmula coñecida ou nunha ecuación.
- Utiliza-las técnicas e procedementos básicos do cálculo alxébrico para sumas, restas e multiplicacións
- de polinomios sinxelos nunha indeterminada e para resolver ecuacións de primeiro e segundo grao (factorización dos polinomios) e sistemas sinxelos de ecuacións lineais con dúas incógnitas.
- Recoñecer e describi-los elementos e propiedades características das figuras planas, os corpos elementais e as súas configuracións xeométricas e utiliza-lo teorema de Pitágoras e as fórmulas usuais para obte-las medidas de lonxitude, áreas e volumes a través de ilustracións, de exemplos xeométricos ou tomados da vida cotiá.
- Identificar e utiliza-los sistemas de coordenadas cartesianas e xeográficas.
- Aplicar translacións, xiros e simetrías a figuras planas sinxelas, utilizando os instrumentos de debuxo habituais e recoñece-lo tipo de movemento que liga a dúas figuras congruentes do plano que ocupan posicións diferentes e determina-los elementos invariantes, os centros e eixes de simetría.
- Recoñece-las características básicas das funcións constantes, lineais e afíns na súa forma gráfica ou alxébrica e representalas graficamente cando veñan expresadas por unha táboa ou unha expresión alxébrica.
- Determinar e interpreta-los intervalos de crecemento, simetrías e demais indicadores que permiten avalia-lo comportamento dunha gráfica sinxela e obter información práctica nun contexto de resolución de problemas relacionados con fenómenos reais.
- Elaborar e interpretar táboas e gráficos estatísticos, así como os parámetros de centralización e dispersión máis usuais, correspondentes a distribucións sinxelas.
- Determinar e interpreta-lo espacio mostral e os sucesos asociados a un experimento aleatorio sinxelo, asignar probabilidades en situacións experimentais, utilizando adecuadamente a Lei de Laplace, os diagramas de árbore, e outras técnicas de conteo persoal.