NORMAS DE USO DO MATERIAL INFORMÁTICO DO CPI COVATERREÑA
Estas normas de uso son para todos os profesores e alumnos do C.P.I.
1. Debido ás leis de prevención da piratería informática e licencias exclusivas de uso, non estará permitido o préstamo do software para que saia do C P.I.
2. A aula de informática será de uso preferente para as clases da materia de tecnoloxía informática nas horas especificadas no horario do centro, o resto do tempo estará a disposición dos profesores.
3. Se a aula de informática utilízase cos alumnos, o profesor correspondente deberá anotarse nos horarios que haberá na sala de profesores. Os alumnos non quedarán sen a presencia do profesor en ningún momento. O profesor deberá informar ós alumnos das normas de uso do material informático.
4. Nos ordenadores de uso común está prohibido variar calquera tipo de opción do sistema Windows ou do resto de programas de uso frecuente como antivirus, procesadores de textos,... sen coñecemento e aprobación do profesor responsable da aula de informática.
5. Para evitar a infección dos ordenadores por algún virus informático, así como para respectar a lexislación no relativo á propiedade intelectual, queda expresamente prohibido copiar no disco duro dos ordenadores de uso común, ningún programa que non sexa orixinal ou sen licencia e sen aprobación do profesor responsable da aula de informática. Igualmente está prohibido traballar con disquetes dos que non se teña absoluta seguridade e poidan conter algún virus, pola mesma razón abrir o correo electrónico de orixe descoñecido.
6. Para unha mellor organización da información do disco duro dos ordenadores, os arquivos que se queiran deixar gravados nel, deberán estar nunha carpeta específica do usuario, emprazada na carpeta de sistema: Mis Documentos. No mesmo senso, as direccións de interese de Internet que queiran gardarse en Mis Favoritos deberán organizarse nunha carpeta do usuario.
7. Ca finalidade de protexer a privacidade dos usuarios vétase o acceso ás carpetas persoais sen consentimento do titular. Do mesmo xeito borrar ou modificar calquera documento.
8. Queda prohibido o uso de Internet en relación cos contidos que contraveñan as normas de convivencia, tales como: violencia, pornografía, racismo, etc.