DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

¿Que é a orientación educativa e profesional?

Son os apoios sistemáticos e especializados que se ofrecen á comunidade educativa desde o inicio da escolaridade dos rapaces e rapazas na educación infantil ata o remate dos estudios non universitarios. isto integra apoios psicopedagóxicos ó desenvolvemento persoal e ás aprendizaxes escolares, e apoios ligados á orientación académica e profesional. Estes últimos consisten en traballar co alumnado para axudarlle a lograr a maior concordancia posible entre os seus intereses, capacidades e expectativas, e as características e saídas profesionais dos distintos itinerarios formativos que ofrece o sistema educativo.

¿ A quen vai dirixida?

A orientación educativa e profesional vai dirixida a toda a comunidade educativa:

 

¿ Que funcións realizan os departamentos de orientación?

Os departamentos de orientación deben realizar as funcións que se resumen a seguir:

¿Como se orienta a todo o alumnado?

Todos os alumnos non necesitan ser atendidos directamente polo orientador. A atención básica de orientación realizase a través do plan de acción titorial propostos polo departamento de orientación. O responsable de levar a cabo este plan é o profesorado titor, mentres que ó orientador correspóndelle realizar o seu seguimento, achegar materiais de apoio á función titorial e deseñar programas de intervención sobre aspectos como a mellora da comprensión lectora, do razoamento, da convivencia nas aulas, etc. Así, no desenvolvemento das súas funcións, o orientador conta con todos os profesores e profesoras titores do centro.

E importante indicar que o alumnado da educación secundaria obrigatoria ten, dentro do seu horario escolar, unha hora semanal de traballo co seu profesorado titor para realizar as actividades e programas que conforman o plan de acción titorial do centro.

Ademais, o alumnado é atendido directamente polo orientador sempre que o necesite e, especialmente, cando se deben valorar aspectos psicopedagóxicos para deseñar e darlle a un alumno determinado unha atención educativa máis individualizada. É o caso do alumnado con necesidades educativas especiais, ó que o orientador lle fai unha avaliación psicopedagóxica para decidir as medidas de adaptación curricular que necesita.

Igualmente, o orientador valora aspectos psicopedagóxicos daqueles alumnos do segundo ciclo de educación secundaria obrigatoria que son propostos polo equipo de profesores do seu grupo para seguir un programa de diversificación curricular ou un programa de garantía social.

CPI COVATERREÑA

BAIONA

CENTROS ADSCRITOS

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

CEIP DE BELESAR

BELESAR

EEI DE BURGO

BAIÑA

EEI DO AGRO

BAREDO

Voltar a índice