confianza-motivación-esforzo-optimismo-autocontrol-unha familia feliz-oportunidades-autonomía- eloxios-autoestima-vontade-amizades-vontade-afectividade

 

CPI COVATERREÑA

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

DESENVOLVEMENTO FÍSICO, EMOCIONAL E SOCIAL DOS NENOS.

O neno ou nena obtén a súa seguridade de dúas fontes: o cariño dos seus pais e da imaxe que ten de si mesmo. Por esta razón, é conveniente seguir estes consellos aínda que sexa difícil, sobre todo, despois dunha dura xornada laboral, pero son conductas as que debemos tender.

- Móstrese interesado polas súas cousas.

- Ensinelle a asumir responsabilidades.

- Atenda o que diga.

- Axúdelle a ter en conta os desexos dos demais.

- Convénzao que con esforzo se pode resolver case todo.

- Evite todo tipo de comparacións, especialmente cos seus irmáns.

- Axúdelle a recoñecer, aceptar e correxir algunhas das súas conductas.

- Gardade os pequenos regalos que vos fagan, por exemplo: debuxos, e ensinarllos de cando en vez, mostrándollelo voso agradecemento.

A SÚA SOCIOABILIDADE

ENSINÁDEOS A AGUANTAR:

Case todas as familias queren evitar que os seus fillos pasen polas experiencias negativas que a eles mesmos lles tocou vivir. Pero como estas se impoñen na vida demasiadas veces, é necesario que os nenos e nenas teñan un certo grao de fortaleza que lles permita aguantar as experiencias amargas que lles toque vivir.

E, sobre todo, establecer criterios claros entre os pais para que os fillos os asuman e se convertan en hábitos: horario de deitarse, comidas....

 

FOMENTEMOS OS BOS HÁBITOS:

VOLVER Ó INDICE