DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

EXERCÍCIOS LOGOPEDICOS

 

 

PAUTAS XERAIS

 

-         Fomentar a fala pausada, tranquila e clara co neno/a, sobre todo naqueles temas que lle interesan.

 

-         É importante procurar entender-lles e utilizar nas respostas as palabras que eles utilizaron mal de forma correcta.

 

-         Controlar o estado xeral do aparello respiratorio do neno para prevenir posibles esfriados, ronqueras, otite,etc.É importante aprender ós nenos a soar-se correctamente e tratar de ter sempre o nariz despexado.

 

-         Ollar e comentar libros de imaxes.Observar láminas e contestar a perguntas; quen?,o que?,onde?,cando?,como?,por o que?,para o que?...

 

-         Cancións, retahílas, poesías, trava-línguas, etc.Asi traballará os órgaos que interveñen no linguaxe, a memoria, o vocabulario, etc.

 

-         Escoitar contos e conversar.

 

 

-         A continuación expoñen-se unha série de exercicios cos que o neno traballará, sempre de forma lúdica, cada un dos órgaos que interveñen na fala.Estes exercicios deben realizar-se aproveitando determinados momentos do dia (na bañeira, antes de se ir á cama, nas comidas, etc.).

 

Non se debe agobiar ao neno tentando facé-los todos durante moito tempo, é mellor dedicar dez minutos diarios e sempre como se fose un xogo.Se non consegue realizar algun dos exercicios non é necesario insistir, xa lle sairá en outra ocasión.

 

 

 

 

 

 

 

EXERCÍCIOS:

 

1-    Actividades de sopro

2-    Actividades de deglución

3-    Actividades velares

4-    Actividades de meixelas

5-    Actividades de mandíbula

6-    Actividades labiais

7-    Actividades linguais

 

 

 

1.-ACTIVIDADES DE SOPRO

 

-         Soprar sen inflar as meixelas, despois inflando-as .

-         Soprar sobre a man forte e suave

-         Soprar sobre o flequiño para mover os pelos

-         Soprar sobre o peito poñendo a man para o notar .

-         Colocar anacos de papel sobre unha mesa e pedir-lle que os sopre.

-         Soprar a unha vela a diferentes distancias.

-         Realizar soplos con unha palliña sobre auga xabonosa, con papeis, etc.

-         Soprar a globos inflados, no chan, colgados...

-         Inflar globos con e sen boquiña.

-         Soprar con chifres, armónicas, flautas, matasuegras,etc.

 

 

 

 

2.-ACTIVIDADES DE DEGLUCIÓN

 

-         Mover a punta da língua en sentido horizontal cara dentro e cara fora sen tocar os dentes.

-         Facer forza coa punta da língua no padal.

-         Chasquear a língua (facer como o cabaliño)

-         Beber auga, reté-la uns segundos na boca e despois tragá-la .

-         Facer como as pitas (ca, ca, ca)

 

 

 

 

 

3.-ACTIVIDADES VELARES

 

-         Toser, emitir ronquidos, bostezar.

-         Articular as vocais: a (de asombro ah!),e (de pregunta eh?),i (un ratonciño iiiiiii), ou (unha nana, ooo ooo ou un xinete que di ao cabalo soooo), u (un lobo ouveando uuuuu ou un fantasma)

-         Facer gárgaras con auga.

-         Imitar sons onomatopeicos, imitando o son do can, gato, cabalo, rá, cocho, parrulo, pita, galo, etc.

 

 

 

 

 

 

4.-ACTIVIDADES DE MEIXELAS

 

-         Inflar as bochechas durante un pouco (lle decimos: - somos globos e inflamo-nos até estoupar).

-         Inflar as bochechas e mover o aire dun lado ao outro.

-         Inflar as bochechas apertando as meixelas para que saia o ar (facendo presión para que faga ruidiños).

 

 

 

 

 

 

5.-ACTIVIDADES DE MANDÍBULA

 

-         Apertar os dentes e afloxalos (somos un can furioso, somos un can tranquilo)

-         Masticar Sugus (cortá-los en catro cuadradiños para que non se canse de tanto caramelo)

-         Bostezar esaxeradamente (como se fose un hipopótamo)

-         Mover lateralmente a mandíbula inferior.

 

 

 

 

 

6.-ACTIVIDADES LABIAIS

 

-         Abrir e pechar a boca como se fose un peixe.

-         Pór morriños e sorrir varias veces sen abrir a boca.

-         Morder-se o beizo inferior cos incisivos superiores e á inversa (facer de Drácula ou de outro monstro calquera)

-         Soster obxectos só cos beizos (un lápis, unha culler, unha palliña, un papel, etc.)

-         Dar besos polo aire chasqueando os beizos.

-         Decir as vocais cantando.

-         Vibrar os beizos imitando unha moto.

-         Con axuda do dedo índice facer vibrar os beizos.

 

 

 

 

7.-ACTIVIDADES LINGUAIS

 

 

-         Quitar a língua o mais posíble.

-         Tentar tocar o nariz coa língua.

-         Quitar e meter a língua o mais rápido posíble.

-         Quitar a língua e dobrá-la en forma de pemento.

-         Pór un pouco de Nocilla ou marmelada o redor dos beizos e relamber-se até a acabar .

-         Tocar os dentes coa língua.

-         Colocar a língua entre os beizos e facé-la vibrar.

 

Voltar ás orientacións para as familias.