 |
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN |
EDUCACIÓN
INFANTIL Orientacións para as familias.
- O neno coa súa entrada na escola vai formar parte dun
mundo social máis amplo que o da súa familia.
- Isto vai ser moi beneficioso para o neno porque vai
aprender a convivir e a relacionarse con coñecidos e
extranos.
¿ Que deben facer as familias ante
a entrada do neno ou nena na escola?
- Temos que falarlle o noso fillo ou filla do seguinte
xeito : " Dentro de pouco irás á escola como os
nenos grandes, alí poderás coñecer a outros nenos e
xogar con eles, e ademais aprenderás moitas cousas".
Sempre transmitirlle unha imaxe atractiva do colexio.
- No mes de xuño podedes polas tardes traer ó neno ou
nena a dar un paseo arredor da escola e mesmo as dúas da
tarde deixarlle ver ós nenos/as cando saen a comer.
- Nunca lle diremos " acabouse a boa vida". Se os
pais se compadecen e mesmo choran por él pois el ou ela
pensarán que o deixan nun sitio "malo" e
negarase a aceptalo.
- Nos primeiros días de escola seguramente haberá
sentimentos de nervosismo e ansiedade por parte dos pais
e dos nenos. Os pais e nais tedes que ser moi bós
actores e actrices para ocultar esas emocións.
- Se os vosos fillos e fillas perciben que os deixades nun
lugar que sinten como "malo" sufrirán máis (se
chora non debemos chorar os pais). Debemos sorrirlle para
que vexa que nós sabemos que é bo para él quedarse no
colexio.
- Na despedida non lle prometer algo a cambio de que se
quede (traereiche un agasallo cando veña a buscarte, vou
compralo) nin o enganedes ( só vou facer a compra e
volvo axiña). Non é conveniente deixar ó neno ou nena
na escola sen dicirlle o importante que é para él estar
aquí. Deste xeito, só lle transmitides que espere
porque cando o recollen terá un regalo, ou que non
tiveches máis remedio que deixalo mentres faciades algún
encargo...
- Debedes dicirlle adeus sorrindo e explicando "ímonos
traballar, xoga cos nenos, despois virémoste buscar".
Darémoslle un bico e irémonos o antes posible.Prolongar
o momento da despedida, só serve para prolongar a
angustia.
- Se o neno ou a nena recibe a mensaxe de que os seus pais
van traballar mentres é tamén se queda traballando e ve
que non o enganan, senón que lle sorrín, poderá
sentirse seguro.
- Axiña deixará de chorar ó despedirse dos seus pais, e
mesmo quererá seguir xogando cos seus amigos máis tempo.
- O horario do neno seguramente terá que modificarse en
función das súas necesidades. Haberá que ter en conta
que a hora de entrada á escola é ás nove da mañá.
Terá que deitarse a unha hora que lle permita
despertarse só pola mañá, para que comece o día
tranquilo, despexado, de bo humor. Temos que ter presente
que se cansará máis que na época anterior, cando
xogaba na casa.
- Tamén será normal que o neno ou nena como con máis gañas
que antes xa que queimará máis calorías, e polo tanto
terá máis apetito.
- Por outra banda, a familia ten que comprender que non
todo o mundo será capaz de comprender e acomodarse ó
neno como se fai na casa. As profesoras teñen moitos
alumnos e alumnas que atender.
- Dicirlle que ante calquera problema
que teña o neno ou a nena, por favor, fagánolo saber.
- Non deixar que o neno ou a nena se
crea que ir á escola é negociable, porque despois pódense
presentar serios problemas de asistencia. Debedes ser
"enérxicas" e se fai falla traelo a medio
vestir para que el vexa que non cededes.
- Se os nenos ven que frouxeades
quererán saírse coa súa noutros asuntos e serán cada
vez máis esixentes.Se comezan a faltar perderán o hábito
de vir ó colexio e se veñen despois estarán máis
inseguros e irritables. Evidentemente a excepción para
faltar é a enfermidade.
- Ö comezar esta nova etapa da vida
do neno, hai que ensinarlle a ser autónomo preparando él
ou ela a mochila e levándoa el. En casa, debe haber un
sitio, para que el ou ela a deixe.

Voltar atrás