DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

 

Orientacións para as familias con alumnos e alumnas en educación secundaria

Na pubertade prodúcese unha transformación da personalidade do rapaz ou rapaza no seu conxunto: física, mental, afectiva e social.

O corpo infantil transformase físicamente nun corpo adulto nun espacio de tempo moi curto ( en a penas dous anos).Todo isto provoca desconcerto e disgusto a causa do novo aspecto físico, moi alonxado dos seus prototipos de beleza física. Elle difícil aceptar a súa nova imaxe corporal porque os cambios son moi continuos e rápidos. Non debemos esquecer que tamén se produce un cambio psíquico aínda que apareza tapado polo cambio físico.

Hai tamén un importante cambio afectivo. Hai moitas conductas que son vividas con excesiva paixón. Unha manifestación disto, son por exemplo, as respostas esaxeradas (berros, insultos..) tamén as reacción coléricas (p.ex: os enfados seguidos dun portazo). Esta forte influencia das emocións fai que cambie con tanta frecuencia de estado de ánimo e de humor.

Moitas veces, síntese inseguro e infravalorado e frústase de contado, podendo caer en estados de melancolía e abatimento. Aos doce anos e trece anos os rapaces prefiren cambiar a casa pola rúa e os pais polos compañeiros do grupo de diversión. Este cambio é un síntoma do seu fillo ou filla como ser social. O grupo de amigos non ten porque ser negativo, sería no caso de que se convertera nun medio para evitar as responsabilidades propias da vida adulta.

Nesta idade tamén se acostuman a dar certos comportamentos negativos: deixa tiradas as súas cousas por todas as partes, chega tarde a comer, protesta pola comida, intenta chamar a atención.... pero "esta mala educación" débese a necesidade que ten o adolescente de autoafirmarse como persoa "maior".

Algúns das actitudes que debemos tomar cos rapaces e rapazas destas idades son as seguintes:

Voltar a orientacións para as familias