A MEIGA DE OLLOS AZUIS

Érase unha vez que, nunha vila pontevedresa chamada Vilagarcía, había unha rapaza chamada Irene que vivía lonxe das demais casas, é dicir, nas aforas; uns din que porque tiña medo, e outros din que porque era unha meiga. Irene era guapa, tiña os ollos azuis coma o mar, adoitaba leva-lo pelo solto, para que o movera o vento, e era moi sofisticada e elegante.

Cada vez que saía da súa casa, a un rapaz namoraba, e despois dun tempo casaban. O misterio era que cada ano, o marido co que casaba desaparecía dunha estraña maneira: ou aparecían os seus ósos totalmente calcinados, ou aparecía espido e cos seus ollos totalmente abertos, coma se mirara un fantasma, tirado no medio da estrada. Pero Irene tódolos anos, coma se nada pasase, casaba con outro home.

Pasaban os anos e os homes da vila ían desaparecendo, e o tamén estraño era que ela non envellecía e non tiña fillos. A vila xa case estaba baleira, porque as mulleres da vila emigraban a outro lugar onde houbese homes cos que casar e ter fillos. Só quedaba un mozo na vila, que vivía cos seus pais. Chamábase Xoán das Beiras, e era o mozo máis listo do lugar. El xa sabía que Irene era unha meiga, porque el era o máis listo da vila, e tamén sabía que era ela a que mataba ós seus maridos.

Pasou o ano e Xoán das Beiras tivo que casar con Irene. Na lúa de mel, Irene levantouse antes da media noite e foise cara ó souto e Xoán sen pensalo dúas veces seguiuna. A casa pola noite parecía escura e sinistra, aínda que polo día estaba limpa e chea de cores. Chegaron ó souto e Irene, tremendo co medo coma unha galiña, abriu a porta e dixo :

- Nai, son eu.

- ¿Vés soa? -respondeulle a nai-.

- Si, veño, deixei ó meu home durmido coma un oso na cama. Nai, por favor, non mate a Xoán que é o meu home e quero seguir ó seu lado.

- Non me fagas rir -respondeulle a nai-, que ese conto xa o teño moi visto.

- Pero eu quéroo -respondeulle Irene-.

- Morrerá, e que non se diga máis.

Xoán marchou para a cama espantado, despois do que acababa de ver, e Irene marchou unha hora máis tarde. Ó día seguinte, Irene levou ó seu amado á pousada que había dúas mazás máis abaixo e díxolle:

- Sei que onte espiáchesme mentres falabamos miña nai e máis eu.

- ¿Como é que o sabes, condenada? -díxolle Xoán-.

- Porque os meus poderes de meiga consisten en que podo ve-lo máis invisible -seguiu falando ela-. Así que imos facer un plan -dixo Irene-. Primeiro isto: miña nai hai un mes quitoume o meu castigo de non poder envellecer e a miña esterilidade, e agora podo face-lo que me peta. Dentro de dez meses miña nai planea matarte, e entón entraremos en acción. O que tes que facer, Xoán, é ir onda o cura e pedirlle tres litros de auga bendita antes dunha semana, pois o conxuro que temos que botarlle tarda nove meses en concluír. Despois, tráeme un pelo de xabaril salvaxe e tres sapos -dixo Irene-.

- Ben, así o farei.

Pasaron tres meses e Irene díxolle a Xoán que estaba esperando un fillo del, e Xoán púxose contento, xa que ía poder formar unha familia coa muller amada, e ademais porque tería a sorte de non ter sogra, o soño de tódolos xenros.

Pasaron os nove meses e Irene deu a luz a unha nena fermosísima á que chamaron Esperanza, que xusto naceu unha semana antes de que a nai de Irene tentase matar a Xoán, polo que Esperanza foi un imprevisto, xa que o parto deixaría débil a Irene e estragaría os plans deles de mata-la súa sogra.

 

Chegou o día no que supostamente Xoán sería asasinado, e tiñan todo preparado, o malo era que Irene estaba débil e tivo que facer Xoán o traballo. Cando Xoán estaba a punto de matar a súa sogra, ela colleu a Irene, que estaba entrando pola porta nese momento, e díxolle a Xoán que se a mataba tamén mataría á súa amada, e Irene díxolle a Xoán que disparara xa, e que pasara de sentimentalismos, xa que ela sempre estaría con el e coa súa filla, viva ou morta. Entón Xoán, chorando coma unha madalena, disparou, e desgraciadamente perdeu á súa amada esposa.

Pasaron os días, e Xoán marchou coa súa filla a outro lugar, lonxe dos seus dolorosos recordos.

FI N

Elena Matos Cerzón. 1º B - E.S.O

Voltar á Concurso