HISTORIA DO DEPARTAMENTO  
       
 
O departamento de Relixión, naceu durante o curso 1999/2000, coa intención de dotar á asignatura dunha estructura, duns materiais, etc.. que ata ese momento, non tiña. Nese primeiro curso, o departamento mercou Biblias, un dos elementos imprescindibles para traballar esta asignatura, e co que nese momento non contabamos. 
   
   
Xesús ensinando
A partires dese momento, a metodoloxía empregada, os materiais e os recursos cambiaron, dinamizándose moito o ensino da asignatura.  Por primeira vez os alumnos participaron en concursos relacionados coa asignatura e incluso gañaron algúns premios. Empezouse a traballar cos M.C.S. e directamente con outras estructuras da Igrexa (Seminario, parroquia,...)
 
 
A nosa parroquia xa é algo máis que un edificio.
As relacions co obispado fixéronse máis fluidas, ata o punto de que no ano 2000, algúns alumnos participaron no concurso que organizaba a revista VEN do Seminario Maior San Xosé de Vigo sobre as vocacións, e un dos nosos alumnos, gañou o segundo premio e a súa redacción foi publicada nun dos números da revista. Ademáis acudimos cada ano que se realiza, a visita-la mostra vocacional, onde os alumnos poideron recordar e aprender a vida dos múltiples grupos e asociacions que traballan altruistamente só coa intención de axudar os demáis.
   
   
Os valores tamén son fundamentais
Así mesmo, o departamento colabora con múltiples organizacións solidarias, participando nas suas propostas ou apoiando os seus proxectos de axuda ós máis desfavorecidos, xa que un dos obxectivos máis importantes desta asignatura é a educación en valores, co fín de conseguir unha educación integral dos rapaces que teña como resultado a formación de persoas libres, críticas e responsables.
 
 

VOLVER