OBXECTIVOS 1º CICLO E.S.O.

OBXECTIVOS XERAIS DE CICLO OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
• Coñece-los textos fundamentais da fe católica, para comprender e expresar axeitadamente o vocabulario e as formulacións da fe.
• Identificar a Xesucristo como núcleo central do feito Cristián, na súa mensaxe, vida e actualidade, e na realización histórica da Igrexa.
• Coñecer e valorar críticamente o significado da Igrexa para os cristiáns e descubri-la súa aportación histórica na construcción e crecemento da sociedade galega, española e europea.
• Coñece-lo significado dos signos e símbolos relixiosos máis relevantes, con especial atención ós sacramentos e as prácticas relixiosas más extendidas no seu arredor.
• Aplica-los principios da moral cristiá ós hábitos sociais relacionados coa saúde, o consumo e o medio ambiente para unha valoración crítica.
• Descubrí-lo fondo significado cristián da tolerancia, participación, responsabilidade e solidariedade, aplicándoos a situacións sociais habituais: traballo, ocio, xogo, familia, amigos, ...
• Coñecer, valorar e respecta-lo patrimonio relixioso, artístico e cultural, a través da lenguaxe simbólica da arquitectura, pintura, literatura, música e litúrxia, como expresión das grandes etapas da historia da Igrexa.
 
1º E.S.O.:

v      Adquirir os recursos necesarios para unha adecuada interpretación da Biblia e en especial da mensaxe dos Evanxeos.

v      Situa-la figura de Xesús no seu contexto histórico e xeográfico cunha adecuada valoración das fontes.

v      Coñece-los feitos fundamentais da infancia de Xesús, da súa predicación e da súa morte e resurrección para, a partires deles, captar os elementos máis importantes da mensaxe de Xesús.

v      Saber descri-las conductas que debe realizar calquera persoa que queira acepta-la mensaxe de Xesús na súa vida e convertirse en discípulo seu.

 2º E.S.O.:

v      Situa-lo nacemento da Igrexa no contexto do Novo Testamento como continuadora da obra de Xesús.

v      Adquirir unha comprensión da realidade da Igrexa nas súas dimensións comunitária, celebrativa e misioneira.

v      Valorar aquilo que a Igrexa aportou ó longo da historia e segue aportando hoxe ós homes e mulleres do noso mundo.

v      Capta-lo valor e a dignidade da persoa que propón a relixión cristiá e a súa aplicación ós xuicios morales.

 

VOLVER