Lugo é unha provincia de Galicia, e ó mesmo tempo é a capital desta provincia. Está ó noroeste de Galicia, na comarca alta do río Miño, e ten preto de 90.000 habitantes. Levántase sobre un espolón e domina os vales da confluencia do río Miño e os seus afluentes. Rodéaa unha muralla romana e no seu interior mantén unha estrutura urbana clara e ordenada. No centro está a plaza de Santo Domingo e de alí parten rúas irregulares e angostas que forman o centro de cidade. O desenvolvemento de Lugo sitúase no eixo de carretera da Coruña. Os seus monumentos máis importantes son a muralla, a catedral e as igrexas de San Francisco (século XV-XVI) e Santo Domingo (século XIV).
____________________A MURALLA____________________
A muralla de Lugo é posterior ó nacemento da cidade romana de Lucus Augusti, a cidade fundouse no ano 14 a.c. e a muralla non se comezou a construir ata finales do século III cando Roma comezou a sentir a ameaza bárbara. Non se sabe cando rematou a súa construcción, pero Felipe Arias cree que as últimas pedras colocáronse ó final do Imperio de Constantino (337 d.c.). A muralla parece que estivo integrada nun auténtico complexo defensivo, formado por : foso e muralla.
Os romanos fortificaron a muralla por medo ós bárbaros.
A construción da muralla deixou ó seu exterior barrios poboados coma Racatelo e sen embargo fortificou áreas de cultivo despoboadas.
A muralla mide 2.117 metros e 4 metros de ancho, está construída con laxas de pizarra e bloques de granito, ten dez portas, cinco antigas e cinco novas. Para subir ten catro escaleiras e unha rampa. Foi declarada patrimonio de Humanidade no ano 2000.
_____________________A CATEDRAL______________________
A catedral é románica e con elementos barrocos.Comezouse a construír no ano 1129. Desta primeira etapa é a Porta Norte. A torre, o claustro e a capela da Virxe dos Ollos Grandes son barrocos. A capela é obra de Fernando de Casas y Novoa, o mesmo arquitecto que construíu a fachada do Obradoiro en Santiago de Compostela.
________________OUTRAS OBRAS_____________________
En Lugo hai varios museos coma o Provincial que ten salas de etnografía e armería; tamén está o museo Diocesano de arte sacra. O museo da catedral que ten sobre todo traballo de ouriveiría.
A casa do concello de arte barroco, a igrexa de San Pedro construida a finales do século XIII e restaurada no século XX. A igrexa de Santiago a nova reconstruida no século XVIII.
A Praza do campo de orixe romana, está na parte antiga da cidade. Por último, as termas no interior do balneario, algunhas salas consérvanse intactas dende a época romana.
|