Adiós, rÃÂos; adiós, fontes;
adios, regatos pequenos;
adiós, vista dos meus ollos,
non sei canto nos veremos.
Miña Terra, miña Terra,
Terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto
figueiriñas que prantei,
prados, rÃÂos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,
muÃÂño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas timbradoras
da igrexiña do lugar,
amoriñas das silveiras
que eu lle daba ao meu amor,
caminiños antre o millo,
¡adiós, para sempre adiós!
¡Adiós, groria! ¡Adiós, contento!
¡Deixo a casa onde nacÃÂn,
deixo a aldea que conoso
por un mundo que non vÃÂn!
Deixo amigos por estraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben queroÂ…
¡Quen pudera no o deixar…!
Adiós, adiós, que me vou,
herbiñas do camposanto
donde meu pai se enterrou,
herbiña que biquei tanto,
terriña que vos criou.
Xa se oien lonxe, moi lonxe,
as campanas do Pomar ;
para min, ¡ai !, coitadito,
nunca máis han de tocar.
Xa se oien lonxe, máis lonxe…
Cada balada é un delor ;
voume soio, sin arrimoÂ…
Miña Terra, ¡adiós, adiós!
¡Adiós tamén, queridiña…!
¡Adiós por sempre quizais…!
DÃÂgoche este adiós chorando
desde a beiriña do mar.
Non me olvides, queridiña,
si morro de soidás…
tantas légoas mar adentro…
¡Miña casiña!, ¡meu lar!
|