Xosé Antonio Rodríguez Fernández naceu o día 2 de Febreiro de 1937 na parroquia de Meirás onde se criou ata que con 17 anos ingresou na marina. Os seus estudos primarios leváronse a cabo na escola pública de Meirás. Con 40 anos xa ascendera na marina ata chegar á categoría de capitán de Corbeta do corpo xeral da armada.
Na marina fixo os cursos na escola de máquinas en Ferrol ata saír de suboficial.
No ano 1950 e 1971 estuvo en EE.UU., onde estivo 2 anos na Escola Naval ata alcanzar a categoría de tenente.
Foi xefe de máquinas no buque Hidrógrafo, no destructor Jorge Juan e no Blas de Lexo.
Fixo a especialidade de combustibles e lubricantes na Escola de Máquinas da Armada, e o seu último destino foi de capitán de Corbeta na Escola Xeral da Armada en Madrid.
Por razóns da idade, ós 57 anos pasou á reserva activa. Empezando a súa actividade na política, exercendo o cargo de alcalde ós 62 anos. Na actualidade atópase como concelleiro polo
PP na oposición.
Chegamos á casa do ex alcalde de Valdoviño e fíxonos pasar ó salón onde procedimos facéndolle as seguintes preguntas:
1. Cal é o seu nome completo?
Xosé Antonio Rodríguez Fernández
2. Cal é o seu lugar natal?
Eu nacín en Taraza, Padín, Meirás, Valdoviño
3. A que idade comezou o seu cargo de alcalde?
O meu cargo de alcalde comezou ós 62 anos, fai 6 anos. Antes de ser alcalde estiven 4 anos de primer tenente de alcalde na lexislatura do 1995-1999 e da lexislatura do 1999-2003 de alcalde. Neste momento son concelleiro polo PP. na oposición.
4. Algunha vez cando tiña a nosa idade se lle pasou pola cabeza que algún día sería alcalde?
Nunca. Na vosa idade o único que pensaba era estudar para ingresar nas forzas armadas. Onde ingresei ós 17 anos e permanecín 40 anos, alcanzando a categoría de capitán de Corbeta do Corpo Xeral da Armada.
5. En que instituto ou colexio curso una súa infancia?era bo estudante?
Realicei os estudos primarios na escola pública de Meirás onde recordo con moito cariño e agrado a un excelente mestre chamado don Celestino García Pérez. Completando a miña formación con clases particulares para alcanzar o nivel esixido para o ingreso como mariñeiro voluntario na Armada Española. Era bo estudante, nunca tiven una nota negativa.
6. Como foi o seu primeiro día no Concello?
O meu primeiro día no Concello foi un día de preocupación porque a responsabilidade que se lle ven un día a un é importante, xa que ten que gobernar para á maioría dos veciños. É imposible contentar a todo o mundo porque sempre haberá alguen ó que non lle guste a túa forma de proceder, por iso se di que hai que tratar de axudar á maioría dos veciños.
7. Algunha vez estando como alcalde sentíuse moi agobiado que chegou a pensar en renunciar ó seu posto? Ou polo contrario lle proporcionou moita satisfacción?
Como tódalas ordes da vida encóntraste ás veces con problemas e tamén con satisfaccións, nunca pensei renunciar xa que a miña gran preocupación en todo momento era a mellora da xente do meu Concello. Hai momentos de desánimo que se vencen facilmente pensando tódolos días en facer algo mellor cada día. Á noite pensando o que fixera durante o día como case sempre encontraba algunha satisfacción vendo cada día resolto algún problema para algún dos 7.000 veciños do Concello.
8. Dos obxetivos previstos, cales puido realizar?
Moitos, porque hai que manter un gran abano de proxectos para que sexas capaz de ver un grande número deles executados.
9. Debido ó seu cargo, coñeceu a xente importante?
Por suposto. Non só coñecer senón que estou convencido de que fixen amigos que perdurarán agora como antes.
10. Cal foi a decisión máis importante que tivo que tomar no goberno do Concello?
A decisión máis importante foi cerrar a Lagoade Valdoviño para evitar que o petróleo derramado polo Prestige chegara a contaminar unha Lagoa cun gran potencial ecolóxico que sería unha verdadeira desgracia. Para eso tiven que tomar unha determinación para facer unha barreira con sacos de area que evitara que o posible chapapote que estaba derramando o barco chegara a invadir a praia da Frouxeira entrando lamentablemente e contaminando a Lagoa. Con esta actuación evitouse que entrara un só gramo de chapapote. Eso foi nunha noite en que tomei a decisión e chamei a unha empresa para traballar noite e día, festivos e laborables, durante 15 días seguidos.
11. Se seguise sendo alcalde, que proxectos levaría a cabo?
Se fose alcalde un dos proxectos estrela que tiña pensado era poder rematar o que empezara a andar como un proxecto estrela. Consiste en ver finalizado un polígono industrial na Parroquia de Sequeiro, de case 1.000.000 de metros cadrados que tanta falta lle fai a este concello para o desenvolvemento industrial. Así como tratar de conseguir un grupo de casas sociais que fora capaz de dar cobertura a algunhas persoas deste Concello que se non é por este Concello non terían opción da compra dunha vivenda no libre mercado. Ademais dotar ás parroquias de Loira, Vilaboa, Pantín e Vilarrube de infraestructura suficiente para un suministro de auga potable. Outra necesidade é tratar de conseguir os servicios do alcantarillado nas parroquias que non dispoñen del. Existen na actualidade outras necesidades que tamén hai que ter en conta na parroquia de Meirás onde ten varias zonas urbanas que hai que dotar de servicios máis adiantados para unha zona urbana.
12. Foi difícil o seu traballo como alcalde?
Non. O traballo de alcalde é complicado ás veces pero non difícil. Máximo cando se conta cun equipo de concelleiros que están dispostos a traballar en todo momento para a mellora dos nosos veciños.
13. Tivo vostede outro oficio aparte de político?
Claro. Dixen ó principio que estivera durante 40 anos nas forzas armadas empezando desde mariñeiro ata alcanzar a máxima categoría de calquer persoa procedente de oficiais de capitán de Corbeta do corpo xeral da Armada. Polo tanto a miña dedicación á política foi xustamente cando pasei á reserva activa por idade.
14. Que expectativas ten vostede para as próximas eleccións?
Para as próximas eleccións todavía é cedo; faltan 2 anos por tanto estamos no Ecuador da lexislatura e a miña intención é de formar un equipo que dea cobertura ás expectativas que un grupo de persoas temos pensado para mellorar a actuación do actual goberno.
15. Vaise volver presentar como alcalde?
Esta pregunta está case contestada na anterior e como dixen todo depende de encontrar un grupo de mulleres e homes que sin outro anhelo queiran traballar para facer un Valdoviño máis humano. Para que a maior parte dos veciños se atopen orgullosos de pertencer a un concello onde todos esteamos a gusto.
16.Durante o seu goberno, recibiu vostede moitas queixas en contra do Estado do Concello?
Sí, como todas as obras humanas se poden mellorar. Tamén atopei moitísimas persoas que me deron ánimos e que me pediron que eu fora sempre fiel ós meus principios.
17. E para rematar, sentíuse satisfeito do seu traballo no Concello?, Foi do seu agrado?
Por suposto, cando rematei a miña lexislatura como alcalde vivín con pena por non dar acabado varios proxectos. Estou seguro de que se fora alcalde podería ter rematado os proxectos en beneficio dos veciños de Valdoviño.
E así foi a nosa entrevista ó ex- alcalde de Valdoviño. Cando rematamos de facer as preguntas el regalounos un libro do concello de Valdoviño III concurso de relato curto e poesía e despois fixemos unha foto de grupo.
|