BIOGRAFIA
Naceu ó 18 de Xulio de 1979 en Ferrol ,o interese pola fotografía venlle dende moi nova, ós 13 anos comprou a sua primeira cámara, pero non é ata os 17 anos cando empeza os primeiros contactos coa fotografía.
A súa carreira profesional comezou ós 19 anos, cando os seus servizos como colaboradora foron contratados pola Voz de Galicia donde continúa na actualidade. Dende ese momento soubo que levaba dentro unha paixón marcada pola fotografia periodística, gustáballe.
Defínese como unha persoa autodidacta aínda que cursou estudos de fotografía e realizou numerosos cursos de perfeccionamento, así como un master en deseño grafico publicitario.
ESPOSICIíNS INDIVIDUAIS DE FOTOS
-Marea negra, Marea branca.
TEMA :Desastre ecoloxico ocasionado polo afundimento do petróleo do Prestige en Galicia.
LUGARES ONDE EXPUXO: Madrid, escola de fotografía EFTI, a Coruña, Forum metropolitano da Coruña, Culleredo, Malpica , Laxe e en Camariñas na mostra do encaixe.
-As mulleres e o mar
TEMA: A vida das mulleres como traballadoras do mar
LUGAR: A Coruña: centro social da muller.
-As mulleres na oleiría
TEMA: Traballadoras da oleiría de Buño
LUGAR: Malpica, Buño, mostra da oleiría de Buño.
-Areas do paraíso
TEMA: Colección de imaxes do autor.
LUGAR: Muxia: Centro social Punta da Buitre.
LUGAR: Malpica: Mostra de Maquetismo de Malpica
ESPOSICIONS COLECTIVAS:
-Chapapote:
TEMA: Exposición colectiva xunto a fotoperiodistas gráficos de Galicia sobre o desastre do Prestige
LUGAR: Acuario Finisterrae. A Coruña.
ENTREVISTA :
Era unha tarde chuviosa en Carballo cando os catro chegamos á delegación da Voz de Galicia de Carballo, pero ela aínda non chegara. Mentres esperabamos nerviosos pola aventura da nosa primeira visita a unha redacción démonos conta do emocionante que resultaba este traballo.
í pouco rato entrou ela pola porta e presentáronnos. Era unha muller apurda que casi sen coñecela invitounos a acompañala para vivir unha experiencia nova: o seu traballo.
Sentou na súa mesa e comezou a descargar as súas fotografias. Viña de facer un partido de fútbol, alevins -dixo ela-
Case ó momento, un señor que logo soubemos que era o seu xefe saiu do despacho e acercouse a ela e deulle unha triste noticia: Tes que ir a Bugalleira, houbo catro mortos e necesito que busques a información e fagas fotos.
Ela inmediatamente díxonos: Veña rapaces, vamos.
Subimos con Ana no coche e polo camiño comezamos a conversar e pouco a pouco comezamos a entrevista:
-ANA, SABEMOS QUE ES GALEGA POLO ACENTO PERO
¿ONDE NACICHES?
Nacín en Ferrol, cerca da vosa terra.
-ES REPORTEIRA GRÁFICA ¿DENDE CANDO TES ESA PAIXíN?
Dende sempre me gustou a fotografia. ís catro anos tiven a miña primeira cámara - di rindo- segundo miña nai era o meu xoguete favorito, tiña forma de cámara de fotos e saía un boneco cando lle dabas ó disparador, penso que aí comezou todo. E das poucas cousas que aínda conservo.
ís trece anos comecei a facer fotografía como afeccionada, non saía a ningures sen a miña cámara. ís 18 anos realicei un curso nunha academia de fotografía na coruña e adquirín a miña primeira cámara semi-profesional: una NIKON F70. Penso que xa nacin con esa paixón.
-¿ Realizache algún outro curso?
Si, fixen o módulo de grao superior de fotografía artística, un master dun deseño gráfico publicitario e algúns cursos de perfeccionamento.
-Así que dende pequena xa che interesaba a fotografía
¿Cando comezou a túa carreira profesional?
Casualidades da vida. Foi no verán do ano 1999 un 12 de xuño. Recórdoo como se fose onte. Eu estaba na voda do irmán do meu noivo facendo fotos cando un señor, Jose Manuel Casal, o meu actual compañeiro de traballo acercouseme e díxome que estaba buscando a unha persoa para traballar na Voz de Galicia. A verdade é que non o pensei e alí sigo ata o día de hoxe.
-UN REPORTEIRO GRÁFICO
¿ QUE E EXACTAMENTE?.
Un reporteiro grafico é en principio un fotógrafo, pois adícase a tomar fotografias e vive diso, só que ademais de fotógrafo é para algúns tamén un periodista. De alí a confusión de nomes que rodea a profesión: fotoperiodismo, reporteirismo grafico, periodismo fotografico, fotografía de prensa. A mestura de especialidades fai difícil a súa definición.
Así é que quizais o reporteiro grafico sexa máis fotógrafo que periodista. É un fotografo especializado mais non limitado, pois o exercicio da fotografía periodística non limita o exercicio doutro tipo de fotografía e por outro lado, dun periodista limitado, pois o seu exercicio de periodismo limítase, ó menos no noso pais só no fotografico.
-ENTíN
¿UN FOTíGRAFO ESTÁ MENOS VALORADO QUE UN PERIODISTA?
Fai uns anos si, hoxe en día están iguais. Compleméntanse uns e outros.Hai o dilema de que o periodista tamén pode facer a nosa labor pero nada máis lonxe.No mundo no que vivimos estamos bombardeados continuamente con imaxes de todo tipo o que para un periódico venda, necesita que as súas imaxes sexan boas, impactantes e sobre todo que reflictan a realidade dentro dun contexto porque hai que ter en conta que a noticia xa a dan antes outros medios de comunicación como a radio e a televisión. O periódico ó saír o día seguinte necesita que o lector se sinta atraido pola noticia e o primeiro que ve é a fotografía, logo le o titular e se lle interesa le o resto. Sabendo isto quen cres ti quen e o máis importante.
- ¿ CAL FOI A TUA PRIMEIRA REPORTAXE?
A protesta dos veciños de Cerceda, afectados pola contaminación da central de Meirama.
-¿ESTABAS NERVIOSA?
A verdade é que bastante, antes aínda traballaba coa cámara analóxica e revisei antes de saír da delegación varias veces se levaba todo o equipo.
- ¿ QUE TIPOS DE REPORTAXES PREFIRES FACER?
Deportes, a fotografia deportiva é a que máis me apaixona. Dáme igual que deporte, ainda que hai un que non me gusta nada: o golf.
-¿ E OS QUE MÁIS?
Quizais os nenos, porque é bonito a ilusión que lles fai verse no periódico.
-¿ É MOI DURO O TEU TRABALLO?
Si, son duras as xornadas laborais, son bastantes máis grandes que un traballo normal e ademais non podes ter, como quen di, vida propia xa que tes que estar sempre localizable porque en calquera momento pode xurdir unha noticia.
Outro problema é que xogas a túa vida aí fóra e moitas veces tes que excederte dos limites de velocidade porque cres que non chegas a tempo para coller esa noticia.
-¿NUNCA SE NEGARON A QUE FOTOGRAFIARAS A ALGUÉN OU A ALGO?
Moitas veces, sobre todo se a persoa ten algo que ocultar
-¿PODESNOS DECIR UN CASO EN CONCRETO?
Cando tes que facer a foto a un detido, a familia soe estar con el e podes sufrir dende ameazas ata que cheguen a tirarche a cámara de fotos ou incluso agredirte.
Despois tamen hai o típico artista de turno que non deixa que lle fagas as fotos do concerto nin da súa vida persoal.
-¿FOTOGRAFIACHES A ALGíN FAMOSO?
Si por suposto, Ana Torroja, Malu, Sergio Dalma, don Juan Carlos e dona Sofia
-¿ A ALGUN GALEGO?
Si a Susana Seivane, Manuel Fraga, entre outros.
-¿ XUNTAS O PERSOAL CO PROFESIONAL? POR EXEMPLO FOTOGRAFIARíAS ALGO QUE TIVERA QUE VER COA TUA VIDA ANTES QUE ALGO MÁIS IMPORTANTE QUE NON TEÑA QUE VER COA TUA VIDA?
Prefiro manter a miña vida privada alonxada da profesión. Mesturar o profesional co personal creo que é un erro e afecta. Recordo unha vez que saín facer un accidente sen datos. Só coñecía o lugar e cando cheguei o sitio quedei nunha peza cando vin que era o mozo da miña mellor amiga o que estaba na rúa falecido. Non fixen o meu traballo ese día, o meu xefe por sorte comprendeuno. É algo que non superei, aínda hoxe cando paso por aquel lugar, acórdome diso.
-¿PODESNOS CONTAR ALGO CURIOSO QUE CHE PASARA DURANTE O TEU TRABALLO?
Teño unha anécdota curiosa: acababa de facer unhas fotografías do faro de Roncudo de Corme e baixaba un coche preto do porto de Corme cando vin un neno duns 8 anos de idade chorando e facendo autoestop.Detiven o coche e baixei. O neno pediume chorando se o podía levar ata a súa casa porque uns rapaces de máis ou menos 13 anos non lle deixaban pasar. Mirei cara onde estaban os rapaces e efectivamente, estabanse a reir. Subín o neno o coche e leveino a súa casa, comenteilles ós seus pais o ocurrido e baixamos os tres a falar cos individuos. A verdade e que non sei se serviu de algo pero intentar, intentamolo. Ese día funme para a delegación bastante preocupada polo trauma que lle puidera quedar ó pobre neno.
-¿LEVACHES ALGUNHA VEZ ALGíN CHASCO PROFESIONAL?
A verdade é que soamente un. O semanal publicou unha reportaxe sobre o desastre ecoloxico de Prestige o cal constaba de cinco fotografías e un texto. A fotografía da portada e a principal interior era da praia de Traba de Laxe na cal estaba escrita unha palabra: MORTE. Ben, pois esa fotografia era miña e a reportaxe saía asinada por Julio Vilariño, un fotógrafo con fama. Doeume na alma, chamei á revista protestando e contestaronme que estaba firmada a fotografía e de non estalo el tamén podia ter feito a foto. Efectivamente a fotografía estaba firmada diminutamente na zona onde se unen as páxinas. El non puidera tomar esa imaxe porque a palabra escribiuna miña irma que estaba acompañandome para saber o que pasar. Despois de que se fixo a fotografía, ela borrouna.
Moitas veces aínda que sexa boa fotógrafa, os grandes profesionais solapan ó resto e están máis protexidos, pero non por iso vou deixar de pelexar polos meus dereitos.
-¿ENTON VIVICHE O TEMA DO PRESTIGE DE PRIMEIRA MAN?
¿CAL FOI A TíA IMPRESIíN? E SE O TIVERAS QUE DEFINIR NUNHA PALABRA ¿CAL SERíA?
A palabra: morte, a miña impresión foi de profunda pena e impotencia total dixo nun tono moi triste. O olor e a peste que soltaba o chapapote era tan forte que mareaba. Os paxaros sobre todo as gaivotas, debatíanse entre a vida e a morte, os pescadores choraban ó ver que perdían o seu traballo.A única arma con que eu podía loitar contra ese desastre era mostrándolle ó mundo a magnitude da desgracia coas miñas imaxes.
-¿EN QUE PENSAS CANDO ESTAS FACENDO FOTOS?
A verdade e que non penso en nada. Se é reportaxe,saio a facela traballando no boceto da foto que podía facer para ilustrala. Se me encontro coa noticia polo camiño non me dá empo a pensar en nada. Chego, observo e intento facer a fotografía o máis importante dentro do posible.
-¿ FIXECHE ALGUNHA VEZ UNHA EXPOSICíN DE FOTOS?
Varias veces, algunhas por encargo e outras como a de MAREA NEGRA MAREA BRANCA que foi por iniciativa propia.
-¿TIVERON ÉXITO?
Si, tiveron éxito sobre todo a ultima que vos comentei
-APARTE DE FOTOGRAFíA DE PRENSA
¿FAS OUTRO TIPO DE FOTOGRAFíAS POR EXEMPLO DE AUTOR?
Si, na actualidade estou traballando nunha serie de fotografías, concretamente 25, que lonxe de mostrar o lado negativo da sociedade e da vida galega mostre un entorno completamente diferente: o fermoso de Galicia.
-¿CAL E O VALOR PARA TI DUNHA FOTOGRAFíA?
Depende, hai fotografías que non se repiten, que son únicas e esas teñen moito valor. Logo hai outras que non me gusta vender, que as regalo sempre que a miña economía sexa posible. É todo moi subxectivo
-¿INTERNET ESTÁ DE MODA HOXE EN DíA?¿ TES PAXINA WEB?
Si, todavía estou traballando nela, chámase www.Galiciaenfotos.net .
-¿POR QUE ESE NOME?
E un proxecto que tiña en mente, quero realizar fotografías a toda Galicia dende as costas ata os monumentos. Tocando tódolos temas. A verdade é que son consciente de que me vai levar anos realizalo pero estou traballando niso.
-¿APARTE DA FOTOGRAFIA TES ALGíN OUTRO HOBBY?
Encantame baixar a patinar coas miñas amigas todalas tardes que podemos, a lectura tamén é algo que me apaixona sobre todo as obras de ficción. Tamén son unha apaixonada das motos, recentemente comprei unha CBR 600.A verdade é que non me chegan as horas do dia para facer todas as cousas que eu quixera.
-¿SE NON FORAS FOTíGRAFA QUE CHE GUSTARíA SER?
Aventureira -bromeou- quizais gustaríame ser piloto de aviación- dixo mentres aparcaba o coche-.
Aquí soupemos que remataba a entrevista porque baixou do coche, tomou o equipo fotográfico e dicíndonos que baixaramos do vehículo acercouse ó lugar do sinistro.
Timbrou a unha das casas e saíu unha veciña en bata. Presentouse e preguntoulle se podería responder a unhas preguntas, tomou a cámara e fixo a sua primeira fotografía. Escoitamos atentamente o relato da señora, era escalofriante. í aparecer de madrugada dese mesmo domingo apareceu un coche con catro xoves no interior, inpactara contra a casa e contra a do veciño provocando unha explosión e un incendio.
Os cativos morreron dentro calcinados e non puidemos facer nada para salvalos- dixo a señora- sinto unha grande impotencia, a casa era o de menos. O peor foi a nai dun deles que veu ata aquí. Desmaiouse coa dor. Estamos todos moi tristes.
í escoltar todo o relato quedamos de pedra. Ana terminou de facer as súas fotografías e de tomar todos os datos, subimos ó coche e aínda nos quedaba algo por ver. En Malpica paramos no taller onde tiñan o coche e vimos como estaba irrecoñecible, todo queimado e non se sabía que coche era.
De regreso ninguén foi capaz de articular palabra...
|