María de los Ángeles Gabeiras Calvo, máis coñecida como Gelis
1-Cal é a túa profesión?
Técnico de laboratorio.
2-Onde traballas?
Na Escola Universitaria Politécnica de Ferrol, en Serantes, co grupo de politécnicos.
3-Cantos anos levas traballando?
Dez anos.
4-Custouche moito traballo atopa-lo traballo?
Non, cando rematei de estudar chamáronme.
5-Canto tempo pasou dende que remataches de estudar ata que comezaches a traballar?
Dez meses, comecei a traballar o 5 de Abril do 1995.
6-Como foi o teu primeiro día de traballo?
Buf! O meu primeiro día de traballo...non fixen case nada, máis que nada informeime de todo un pouco iso si, nervios, moitos nervios, por como me relacionaría coa xente, se sabería facer ben o meu traballo...
7-Canto tempo lle adicas?
Traballo sete horas diarias en horario partido.
8-Gustarache non?
Moitísimo.
9-En que consiste?
Arranxo o laboratorio, colaboro nun equipo de investigación da Universidade da Coruña.
10-Tes pensado adicarte a isto toda a vida?
Si, dende logo, teño pensado xubilarme alí (di a gargalladas).
11-Tiveches que esforzarte moito no estudo para chegar a se-lo que es?
Si, moitísimo, fixen cinco anos de ciclo formativo superior de química.
12-Tiveches antes algunha outra experiencia traballando?
Non, nunca.
13-Que problemas ou dificultades ten?
Non hai moito que digamos: que se che estropee un aparello, que o ordenador se che encha de virus...(di entre risas). Pero son cousas que non son probables que digamos.
14-Require moito esforzo?
Non, ó principio é difícil habituarse, pero despois é collerlle o tranganillo.
15-Que é o máis difícil?
Facer no Power Point posters para congresos científicos.
16-Que cambiarías?
Nada, está moi ben, nunca fago o mesmo, sempre vas variando nas túas tarefas.
17-¿Recomendarías este oficio?
Si, moito, é moi bonito, e dende logo, á xente que lle guste experimentar no laboratorio, facer descubrimentos e todo iso, que non perda unha oportunidade tan boa (cun pequeño sorriso).
Gelis, grazas pola túa colaboración; con esta información os xoves que aínda non se deciden teñen unha opción.
Grazas a vós, podedes contar conmigo ás veces que queirades.
|