1) Como se chama vostede?
- Cecilia, aínda que todos me chaman Ceci desde que era moi pequena para diferenciarme de miña nai que tamen se chama igual.
2) Cantos anos ten?
- 34, cumpridos en marzo.
3) Está vostede casada ou esta solteira?
- Casada, dende hai quince anos.
4) Que opina vostede dos homosexuais, un tema tan de moda actualmente?
- Que son persoas normais e correntes, cos mesmos dereitos que calquera de nós.
5) É das vodas dos homosexuais?
- Opino que poden casarse cando queiran e con quen queiran.
6) Fáleme agora das adopcións entre parellas do mesmo sexo.
- Tanto os homes como mulleres teñen dereito a solicitar adopcións sen importar se son ou non homosexuais ou lesbianas. O que o neno necesita é cariño, un fogar no que estea ben atendido, e no que reciba unha educación axeitada.
7) Que lle parece a vostede o novo Papa?
- Non me parece nin ben nin mal, eu creo en Deus e para min é suficiente.
8) Vai vostede a misa con frecuencia?
- Non, soamente cando é necesario (vodas,funerais e bautizos).
9) Practica algún deporte?
- Si, vou tódolos días ó ximnasio.
10) Gústalle o fútbol?
- Non hai queixa.
11) De que equipo é?
- Do Deportivo da Coruña, aínda que tamén simpatizo polo resto de equipos galegos.
12) Para rematar fáleme algo de vostede.
- Nacín en Cedeira, pero levo 15 anos vivindo en Valdoviño (dende que casei), teño dous irmáns maiores ca min. Teño un fillo de 15 anos. No meu tempo libre gústame moito ler. O último que estou a ler é sobre Ramon Sampedro, o home que defendeu ata o último día da súa vida a eutanasia (co que eu estou totalmente de acordo).
|